O 1
de maio de cada ano conmemórase o Día Internacional do Traballador, pero Cal é
a orixe desta celebración? O Primeiro de Maio prodúcese o mesmo ritual de todas
as organizacións sindicais do país que saen á rúa para celebrar a festa do
Traballo.
Este
ano, debido á pandemia da Covid-19, non
van verse as tradicionais marchas multitudinarias nas capitais españolas e
as reivindicacións serán virtuais co
lema “Traballo e servizos públicos. Outro modelo social e económico é posible”,

Estas
demandas foron as que produciron os incidentes de Haymarket, en 1886, cando en Chicago se producíron enfrontamentos entre a policía e
os manifestantes que se concentraban pacificamente e un descoñecido lanzou unha
bomba contra eles. O movemento estaba liderado por Albert Pearsons xunto a máis de 80 mil traballadores
e foi cualificado como indignante e
irrespetuoso polas autoridades do país. O conflito estendeuse por todas
as cidades e máis de 400.000 obreiros pararon Estados Unidos con máis de 5.000
folgas compaxinadas. O 21 de xuño celebrouse un xuízo a 31 obreiros acusados de
promover o conflito e foron condenados a cadea perpetua, a traballos forzados e
a morrer 5 deles na forca. Estes convertéronse nos Mártires de Chicago e no seu recordo se
conmemora o 1 de maio como o día internacional do traballador.
Manel Mansilla. Periodista
Ningún comentario:
Publicar un comentario