Amosando publicacións coa etiqueta EXPOSICIÓNS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EXPOSICIÓNS. Amosar todas as publicacións

Elas son a revolución


Esta semana (8-15 de maio de 2023) puidemos gozar dunha exposición sobre mulleres afgás que nos prestou Amnistía Internacional. O tema é a situación na que se encontran as mulleres de Afganistán.

Convértense en heroínas só por levar a cabo o seu traballo diario baixo dominio talibán.


Desinformación nas redes

 

   A biblioteca expuxo no taboleiro do corredor do edificio 1 os materiais que enviou o INTEF: Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado. Recursos Educativos Dixitais.

Van a traballar con estes materiais diferentes departamento: TIC, Igualdade, Ética... O alumnado lerá, preguntará o que non comprenda e fará as diversas propostas que se indican no texto.


Exposición DH

 

A Declaración Universal dos Dereitos Humanos é un documento que marca un fito na historia dos dereitos humanos. Elaborada por representantes de todas as rexións do mundo con diferentes antecedentes xurídicos e culturais, a Declaración foi proclamada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en París, o 10 de decembro de 1948 (Resolución 217 A (III)) como un ideal común para todos os pobos e nacións. A Declaración establece, por primeira vez, os dereitos humanos fundamentais que deben protexerse no mundo enteiro e foi traducida a máis de 500 idiomas. A  DUDH é amplamente recoñecida por inspirar e achandar o camiño para a adopción de máis de setenta tratados de dereitos humanos, que se aplican hoxe en día de maneira permanente a nivel mundial e rexional (todos conteñen referencias a ela nos seus preámbulos). 

O IES de Vilalonga ten, estos días, unha exposición sobre os DH, prestada por Amnistía Internacional, no corredor do Edificio 1. Os obxectivos é que o alumnado coñeza algún destes artigos, que os compreda e os asuma como propios e fundamentais.O seu contido foi traballado, sobre todo, co alumnado de 3º da ESO.





Exposición do Centro de Tulizeni


No taboleiro do edificio de Bacharelatos e Ciclos podemos ver novas fotografías de Antonio Pampliega que complementan as expostas no taboleiro da Biblioteca do edificio principal co gallo da celebración do Día da Biblioteca.
Son  imaxes de mulleres adolescentes, nais, repudiadas, vulnerables polos estragos da guerra, vítimas de violencia sexual, abandonadas, rexeitadas pola sociedade e imaxes de menores abandonados, nacidos de violacións, vítimas de violacións reiteradas, non acompañados agrupadas en dúas series: As mulleres do Centro Tulizeni  e  Os menores do Centro Tulizeni.













Esta exposición procede do IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arosa.

Día da Biblioteca.


 O 24 de outubro  celébrase o Día da Biblioteca e con tal motivo a Biblioteca do IES de Vilalonga realizou unha exposición de fotografías de Antonio Pampliega agrupadas baixo o título “O seu futuro depende de nós”.
Son imaxes que reflicten miradas que  transmiten dor, pero tamén ilusión e desexos de seguir loitando por unha vida mellor ou simplemente sobrevivir.
No Congo, en Siria, en Somalia, no Kurdistán a cámara captou cidades convertidas nun campo de cascallos, nenos que foron secuestrados para seren convertidos en soldados, mulleres vítimas de violacións que despois foron repudiadas polos seus homes ou cando menos obrigadas a abandonar os seus fillos, corpos con membros amputados pola guerra...
Noutros casos a imaxe é a de seres que arriscan a súa vida partindo desde países como Libia na procura dun mundo mellor cruzando o Mediterráneo ou a de rapaces que aínda son quen de atopar momentos para o xogo e a ilusión na realidade adversa  que os rodea. Prestounos esta exposición o IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa.




Antonio Pampliega (Madrid, 1982) é un periodista  cuxas reportaxes en numerosas zonas de conflito (Afganistán, Iraq, Líbano, Paquistán,  Siria...) foron difundidas en canles de televisión como a CNN, a BBC ou  xornais como The Times, El País ou El Mundo.
En 2015 permaneceu secuestrado en Siria polo grupo terrorista Al Qaeda durante 299 días, experiencia extrema que recolle no libro En la oscuridad (2017).
Coltán, matrimonios amañados de nenas afganas, secuestros en Venezuela,  Ku Klux Klan, cazadores furtivos,  prostitución infantil...  son temas  captados pola súa cámara para achegarnos unha realidade que non  debería deixar impasible a ninguén.


 
 Eduardo Pérez Baamonde, membro do equipo da biblioteca e profesor de plástica,
fixo este bonito cartel para celebrar o 24 de outubro. A biblioteca ten un papel fundamental no Centro, 
pois garda cantidade de materiais útiles para a aprendizaxe, a información, o lecer, etc. Serve como lazo de unión entre todos os membros da comunidade escolar e presta o seu espazo para xuntanzas, obradoiros, visitas de escritores, exposicións, etc.

Memoria fotográfica 2018/19


Todos os anos empezamos cunha exposición de fotografías do curso anterior. Recordamos, así momentos destacados de actividades extraescolares, obradoiros, visitas de escritores, días de celebración, etc. Non están todos, son só unha mostra. A biblioteca desexa acompañarvos nesta nova  andaina do curso 2019/20.



Foro de Innovación Tecnolóxica na FP de Automoción

O Departamento de Automoción do IES de Vilalonga organizou o VIII Foro de Automoción, este ano tivo como tema a innovación tecnolóxica. Estivo dedicado a "Electromovilidade e híbridos de última xeración". Houbo ponencias e modelos para mostrar as últimas tendencia neste campo. Asistiron unhas 250 persoas entre profesorado deste ciclo e profesionais relacionados co mesmo. Incluíu un apartado para proxectos de innovación onde profesores de toda Galicia expuxeron os seus proxectos, aquí deuse cabida ao proxecto dun veciño de Sanxenxo que presentou o primeiro kart acuático do mundo. Ademais celebráronse exposicións sobre vehículos innova, libros técnicos e ferramentas
Foi un éxito, esperamos poder seguir gozando deste foro moitos anos máis!

 

 







Día das letras galegas.

















MAXIA PARA AS LETRAS NO IES DE VILALONGA


O martes acollemos no noso centro un espectáculo de maxia co que quixemos celebrar o Día das Letras e, asemade, facer ver que calquera actividade, se de verdade queremos, se pode realizar na nosa lingua.
Todo isto foi posible da man do Mago Teto.
Héctor García Guerra, o Mago Teto, naceu en Viana do Bolo (Ourense) no ano 1977. En 1990 le o seu primeiro libro de maxia e dous anos máis tarde, sendo estudante do que hoxe sería cuarto de ESO, debuta en público no festival do Día das Letras, aquel ano dedicado a Eduardo Blanco Amor, no instituto da súa vila natal.
En 1996 estrea o seu primeiro espectáculo: A maxia dos soños e desde entón sucédense espectáculos de rúa como O afiador, para teatros como A maxia da Santa Compaña ou outros máis versátiles como Tolemias ou Perto de ti.
As súas aparicións en distintas canles televisivas son frecuentes, mesmo con seccións fixas, e tamén en eventos e festivais celebrados por toda a xeografía española.
Foron dúas sesións de As novas tolemaxias dirixidas ó alumnado da ESO, a primeira para 2º e 4º e a segunda para 1º e 3º, nas que o ilusionismo e o mentalismo se desenvolveron no marco do absurdo ou surrealista e cos toques retranqueiros e divertidos tan característicos do Mago Teto.

ABECEDARIO DE ANTONIO FRAGUAS



 

















Por outra banda, áchase a disposición de todo o alumnado do IES de Vilalonga no vestíbulo do instituto, fronte a conserxería, un cuestionario arredor do autor homenaxeado este ano segundo a proposta da Real Academia Galega: Abecedario de Antonio Fraguas.

As respostas  pódense localizar nos carteis expostos no taboleiro situado no exterior da secretaría ou ben nos libros que, tanto da autoría de Fraguas como sobre el, posúe a Biblioteca. Trátase de libros que están expostos na sala e que poderán ser consultados para resolver o cuestionario sen necesidade de seren fichados sempre que esa consulta se realice na propia biblioteca.

Entre os cuestionarios completados correctamente serán sorteados  agasallos ofrecidos pola Biblioteca e o Equipo de Normalización Lingüística – EDLG.

Os cuestionarios cubertos deberán ser depositados nunha caixa que permanecerá no vestíbulo ata o día 24 ou, se así se indicou previamente,  entregados ó profesorado que imparta  a materia de Lingua Galega.















(ABECEDARIO????)













8 de marzo

Celebramos o Día Internacional da Muller con distintas actividades para tentar  conquerir obxectivos como:
- A igualdade de xénero.
- O rechazo a violencia machista.
- A visibilidade dos problemas relacionados co xénero feminino. Etc.
  1. Exposición: As mulleres na ciencia. Situada no corredor do edificio 1 dende o 11 de febreiro.
  2. Traballos do curso de Igualdade de xénero nas escaleiras dos edificios 1 e 2, coordinados pola súa profesora Patricia Díaz.
















3. Proxección de videos sobre igualdade. Video gañador do Conscurso organizado pola consellería de Igualdade con motivo do 25 de novembro.
https://www.youtube.com/watch?v=X6rzUSZAotw

4. Manifestación na entrada do edificio 1 con lectura de poemas de 
Rosalía.

6. Exposición de libros sobre feminismo na biblioteca.

7. Fixemos máis actividades, ao longo do curso, relacionadas con este Día: Conferencia da Garda Civil sobre maltrato de xénero, Conferencia sobre a trata de mulleres, etc.