A Declaración Universal dos
Dereitos Humanos é un documento que marca un fito na historia dos dereitos
humanos. Elaborada por representantes de todas as rexións do mundo con
diferentes antecedentes xurídicos e culturais, a Declaración foi proclamada
pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en París, o 10 de decembro de 1948 (Resolución 217 A (III)) como un ideal común para todos os pobos e nacións.
A Declaración establece, por primeira vez, os dereitos humanos fundamentais que
deben protexerse no mundo enteiro e foi traducida a máis de 500 idiomas.
A DUDH é amplamente recoñecida por inspirar e achandar o camiño para a
adopción de máis de setenta tratados de dereitos humanos, que se aplican hoxe
en día de maneira permanente a nivel mundial e rexional (todos conteñen
referencias a ela nos seus preámbulos).
O IES de Vilalonga ten, estos
días, unha exposición sobre os DH, prestada por Amnistía Internacional, no
corredor do Edificio 1. Os obxectivos é que o alumnado coñeza algún destes
artigos, que os compreda e os asuma como propios e fundamentais.O seu contido
foi traballado, sobre todo, co alumnado de 3º da ESO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario