O alumnado de matemáticas da ESO fixo unha árbore de Nadal orixinal. Traballaron a xeometría e con distintas formas e materiais elaboraron este varios adornos de Nadal.
A xeometría é unha rama das matemáticas fundamental por iso se estuda en secundaria. O aprendizaxe da xeometría debe de ir do concreto ao abstracto, polo cal é necesario que se desenvolvan actividades con materiais concretos.
O obxectivo é desenvolver no alumnado a percepción do espazo, a súa capacidade de abstracción e visivilización, a súa habilidade para desenvolver conxecturas a cerca das relacións xeométricas entre unha ou varias figuras e poder argumentar o resultado.
A xeometría contribúe a resolver problemas prácticos como a medición de
lonxitudes, áreas e volumes, ou o trazo de lindes na terra. Ademais, desempeña
un papel instrumental para o desenvolvemento da arquitectura, a xeografía e a
astronomía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario