Amosando publicacións coa etiqueta actividades extraescolares b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta actividades extraescolares b>. Amosar todas as publicacións
Ensino activo
O xoves 20 de xaneiro, o grupo de traballo de Mathcitymap trasladouse ao paseo marítimo de Sanxenxo. Está constituido por profesorado de matemáticas, plástica, física e xeografía e historia. Ese día buscáronse lugares concretos onde poder facer actividades co alumnado de 3º e 4º da ESO. Fixemos fotos e pensamos en posibles rutas. Agora toca concretalas, subilas a páxina correspondente e poñerse en marcha.
Foro de Innovación Tecnolóxica na FP de Automoción
O Departamento de Automoción do IES de Vilalonga organizou o VIII Foro de
Automoción, este ano tivo como tema a innovación tecnolóxica. Estivo dedicado a
"Electromovilidade e híbridos de última xeración". Houbo ponencias e
modelos para mostrar as últimas tendencia neste campo. Asistiron unhas 250
persoas entre profesorado deste ciclo e profesionais relacionados co mesmo. Incluíu
un apartado para proxectos de innovación onde profesores de toda Galicia
expuxeron os seus proxectos, aquí deuse cabida ao proxecto dun veciño de
Sanxenxo que presentou o primeiro kart acuático do mundo. Ademais celebráronse
exposicións sobre vehículos innova, libros técnicos e ferramentas
Foi un éxito, esperamos poder seguir gozando deste foro moitos anos máis!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)