Letras Galegas 2018


O profesor de Lingua e Literatura galega, Samuel Rodríguez López, traballou cos seu alumnado de 4º da ESO a biografía e a obra de Mª Victoria Moreno. A Biblioteca expuxo os seus materiais no corredor do edificio 1. A escritora homenaxeada este ano o Día das Letras foi profesora no IES Vilalonga durante uns cursos nos anos 90 . Por este motivo sumámonos á homenaxe facendo múltiples traballos, exposicións, música, teatro, etc.
Ningún comentario:
Publicar un comentario