O 23 de maio
celebrouse no IES Castro Alobre de Vilagarcía a entrega de premios do concurso
de adhesivos convocado polos Equipos de Dinamización Lingüística do Salnés.
Varios dos traballos
do noso alumnado foron seleccionados e con ese motivo acudimos a un acto no
que, ademais de lembrar as vinte e catro edicións do concurso, gozamos coa
actuación do grupo de rock TNT.

Tamén asistiron ó
acto Sara González Basdediós, convidada polo EDLG do Centro pola calidade do
seu traballo, e Jorge Ferreira Gaspar,
que non puido perder o evento no que se agasallaba ós seus compañeiros.
Contamos con poder
ter a Exposición de adhesivos premiados e
finalistas no noso centro a vindeira semana. Será só ata o 5 de xuño xa que son moitos os centros que integran o
colectivo ENDL do Salnés: IES Cotarelo Valledor, IES Bouza Brey, IES Miguel
Ángel González, IES Castro Alobre, CPI Xulia Becerra Malvar, IES de Vilalonga,
IES Cabanillas, IES Asorey, IES de Sanxenxo, IES A Basella, IES Faro das Lúas,
IES de Barro, IES de Meaño, CPI Mosteiro
e IES de Meis.
Parabéns ó noso
alumnado!
Ningún comentario:
Publicar un comentario