O alumnado de 2º de bacharelato pode consultar nesta ligazón os cambios da selectividade nas materias de: HISTORIA, LINGUA CASTELÁ E INGLÉS.
Amosando publicacións coa etiqueta Selectividade b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Selectividade b>. Amosar todas as publicacións
Marchamos á universidade!
O Departamento de Orientación organizou unha charla para os alumnos de 2º de bacharelato, o profesor catedrático de matemáticas, Luís Hervella Torrón coordinador do programa "A ponte entre o Ensino Medio e a USC" deu unha conferencia o pasado día 5 de maio.
O profesor Hervella foi moi entretido e deu unha información ampla e detallada do futuro inmediato deste alumnado, que valorou positivamente a súa visita.
Aviso selectividade 2017
ATENCIÓN AO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO!
Saíron os parámetros de ponderación das probas de selectividade 2017, na páxina web da CIUGA (Comisión Interuniversitaria de Galicia) podedes encontrar toda a información que precisades en canto á matrícula, exames, notas de corte, etc. Tamén acaban de saír os parámetros de ponderación das materias voluntarias. Aquí vos deixo a ligazón coa páxina da CIUGA:
Coloquio de ex-alumnos/as con alumnos/as de 2º de bacharelato.
O venres 29 de abril tivo lugar o
encontro entre ex-alumos/as do Centro que están cursando primeiro na
Universidade e alumnos/as de 2º de bacharelato, como xa ven sendo habitual nos
últimos anos.
Os universitarios
comentan a súa experiencia na Selectividade e danlle consellos aos aspirantes,
en xeral tratan de quitarlle ferro ao asunto e de tranquilizalos. Comentan
tamén as súas experiencias no 1º ano de facultade: a matrícula, as clases, os
profesores, a vida fora da casa,etc.
Resultou unha xornada
moi agradable e ata divertida, esperamos que tamén útil.
ÁNIMO CHICOS/AS!
Un artigo de Disquecool no exame da selectividade en lingua galega

O blog DISQUECOOOL foi a fonte de onde se tomou un dos textos do exame de selectividade de lingua galega e literatura en setembro. Trátase dun blog que se está a converter en imprescindible para todos os que botamos unhas horas a ler pola rede diariamente, posto que trata temas de actualidade dun xeito fresco e sen ningún tipo de xustillos.
A entrada empregada como escusa para realizar o comentario foi unha que leva por título "Se queres ser moderno de verdade, pasa do smartphone"
O noso alumnado de 2º de bacharelato na selectividade



Hoxe na portada da Voz de Galicia, edición Pontevedra, temos as fotos do noso alumnado de 2º de bacharelato na selectividade. Despois dun ano tan duro como é este curso, só queda que demostren o moito que saben para poder acceder ás carreiras coas que soñan.
Moita sorte rapaces!














"A vida do estudante éche así de dura"
Aquí vos deixo este divertido vídeo creado por estudantes, que recrea o noso imaxinario colectivo como profesorado e alumnado. Especialmente dedicado para o alumnado da selectividade.
Se ides ós comentarios de YouTube atoparedes unha interesante restra de comentarios que dan para analizar desde o punto de vista sociolingüístico.
Se ides ós comentarios de YouTube atoparedes unha interesante restra de comentarios que dan para analizar desde o punto de vista sociolingüístico.
HOXE COMEZA A SELECTIVIDADE

Foto de Ramón Leiro.
Moita sorte e moito ánimo para o noso alumnado que está a facer esta proba.
Deixámosvos aquí unha estrevista que lle fixo La Voz de Galicia a semana pasada á nosa alumna Lorena Méndez.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
