Amosando publicacións coa etiqueta Subdirección.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Subdirección.. Amosar todas as publicacións

Congreso Mobilidade Sustentable en medios de Transporte.

Este ano o Foro de Automoción evoluciónou nun congreso.

Aquí queda o vídeo do Congreso de Mobilidade Sustentable en Medios de Transporte 2024.
 

Visita Inditex

Dentro da iniciativa de aulas de emprendemento, o pasado  xoves o alumnado de Ciclo Superior de Administración e Finanzas e  2º de Bacharelato tiveron a oportunidade de visitar as instalacións de Inditex en Arteixo. Durante a visita tivemos a posibilidade de coñecer os diferentes departamentos, proxectos, espazos e tendas piloto da empresa. Sin dúbida unha gran visita que esperamos volver a repetir nos vindeiros anos.

Exposición ODS


Os últimos quince días, 13-28 de maio, puidemos desfrutar dunha exposición organizada pola profesora de relixión Ana González. Titúlase: Letras que crean historias, Historias que contan vidas, ODS. A exposición foi cedida pola ONG Mans Unidas. O alumnado puido reflexionar sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (Axenda 2030 da ONU) e practicar coas TICs pois tiñan diversas actividades coas mesmas.



Entrega de premios

 O 22 de maio de 2024 entregamos, na biblioteca, os premios do concurso Portadas vivas organizado polo departamento de Lingua castelá, con motivo do Día do Libro. Os premios consistiron en material escolar do instituto: bolígrafos, libretas, bolsa..., un vale para a cafetería do centro, outro vale para material escolar ou libros nunha librería da localidade e un diploma. Noraboa aos gañadores.



Gael Roch Czanecki González

de 1º ESOC




Nerea Varela Garrido 

de 3º ESO B

Día Internacional da Paz


No IES de Vilalonga quixemos celebrar e visivilizar o 30 de xaneiro, Día Internacional da Paz, con un cartel e unha selección de poemas. Pensamos que é preciso traballar en favor da convivencia e a non violencia no noso entorno e no mundo en xeral. Transmitirlle ao alumnado os valores da concordia e a paz é imprescindible. A escolma de poesía fíxose en colaboración coa profesora de galego Ana Belén Vázquez Pardal.


CLUB DE CIENCIAS

 


Os pasados 9 e 23 de novembro o alumnado participante no club de Ciencias do IES de Vilalonga realizou actividades no campo da Bioloxía, que consistiron na observación mediante diferentes instrumentos ópticos certos materiais:

· Observación cunha lupa binocular a area dunha praia.

· Manipulación de microscopios ópticos.

· Preparación e observación cun microscopio óptico células vexetais...

O  26 de outubro o alumnado participante no club de Ciencias de IES de Vilalonga realizou prácticas de física sobre o tensionado de superficies. Parabéns polos seus logros!

 

VISITA AO MUSEO ETNOGRÁFICO "A CASA DO PATRÓN"



O pasado 19 de decembro o alumnado de FPB de Cociña e Restauración realizou unha actividade extraescolar no Museo etnográfico “A Casa do Patrón” en Lalín. A visita consistiu en coñecer o museo etnográfico e realización de dous talleres: un de elaboración de queixo e outro de elaboración de pan e cocción en forno tradicional de pedra.

Árbore matemática
























A profesora Estela Prol, do departamento de matemáticas, organizou cos seus compañeiros de seminario e os alumnado de FPB e ESO a realización dunha árbore pitagórica,  decora o corredor do edificio 1 e felicita o Nadal a toda a comunidade educativa. O resultado é espectacular!!


Felices Festas💓💓 
Departamento de Matemáticas



CHARLA INGLÉS

 





O día 2 de novembro o alumnado de 1º de bacharelato puido gozar dunha charla cultural no salón de actos organizada polo Departamento de Inglés. A través dunha presentación audiovisual

a cargo do existoso conferenciante da editorial Burlington, o alumnado puido aprender moitos detalles curiosos sobre os países de fala inglesa. Algúns alumnos e alumnas tiveron ocasión de

convertirse en protagonistas da charla, conseguindo premios pola súa audacia na aprendizaxe.

A biblioteca do IES de Vilalonga está de medo!!




Na biblioteca do instituto de Vilalonga coáronse unhas pantasmas revoltosas que fan falcatruadas, ven a velos e axudaranche a buscar a lectura que che gusta. A diversión está asegurada, métense entre os libros, cómics e revistas, aparecen de repente e sorprenden cos seus aullidos. Este ambiente de medo e diversión temos que agradecerllo a profesora de plástica Alba Piñeiro e o seu alumnado de ESO e Bacharelato.
Vinde a pasear con nós polo máis alá!


As pantasmas saen de entre os libtos AUUUUUUUUUUUUUU! e sobre as mesas tes LIBROS DE MEDO! para levar o terror contigo UAJAAAAAA!.


O corredor do edificio 1 está adornado cunha exposición de seres mitolóxicos dá cultura galega típicos destas datas do Samaín. Organizouna o departamento de Lingua Galega e levouna a cabo a profesora Laura Ramos Cuba xunto o seu alumnado de 1º de ESO. Os relatos de terror escritos polos alumnos de 1º da ESO para a celebración de Samaín son unha mostra da creatividade e a imaxinación destes mozos e mozas escritores en potencia. A pesar da súa idade, lograron crear historias que evocan un ambiente de misterio, suspense e, en algúns casos, auténtico terror.

Ben feito rapaces/zas!





Premio Nobel de la Paz


 Este año 2023, en su 122 edición, el Premio Nobel de la Paz ha sido para Narges Mohammadi, activista y periodista iraní, por su incesable lucha contra la opresión de la mujer en Irán, y promoción de la libertad y los derechos humanos.6 oct 2023

Inicio curso 2023-2024



    








O equipo da biblioteca deséxavos un bo inicio de curso. Esperamos que veñades a biblioteca con frecuencia, por diversos motivos: lectura, traballo escolar, obradoiros, reunións, clubs de lectura, etc.

31 de marzo Visibilidade Trans

 

O pasado 31 de marzo conmemorouse no IES de Vilalonga o día Internacional da Visibilidade Trans. O alumnado asistiu á lectura dun manifesto reivindicativo dos dereitos das persoas trans e cuxo obxectivo foi sensibilizar sobre a discriminación que estas persoas sufren día a día.
Entre todos podemos conseguir unha sociedade máis igualitaria e respectuosa cos dereitos de todas as persoas."

Exposición "Cartas de amor"

 



Desde o martes 11 de abril até o martes 9 de maio, os corredores do IES Vilalonga (Sanxenxo) estarán engalanados coa exposición 'Cartas de amor'. A mostra forma parte do Plan Proxecta 365 días de respecto e igualdade: prevención da violencia de xénero no ámbito educativo. 
 

O alumnado de ESO, Bacharelato e FP poderá contemplar as creacións artísticas de diferentes autoras galegas nas que imaxe e texto dialogan para ofrecer unha reflexión sobre as relacións afectivas, o amor e a autoestima durante a adolescencia. 

 


Día Internacional das matemáticas

 

A  40ª conferencia xeral da UNESCO proclamou o día 14 de marzo de cada ano como o Día Internacional das Matemáticas. En moitos países o 14 de marzo víñase celebrando como o Día de Pi ( a idea de dedicarlle o 14 de marzo a Pi ocorréuselle a Larry Shaw, físico estadounidense, en 1988 porque na notación anglosaxona esa data escríbese coas tres primeiras cifras do número Pi: 3 e 14. A resolución da UNESCO consolida o recoñecemento actual ás matemáticas polo seu importante  papel para facer fronte aos desafíos do noso tempo en ámbitos como a intelixencia artificial , a saúde, a enerxía e o desenvolvemento sostible e a mellora da calidade de vida da sociedade en xeral.

Pero que é o número π?, por que é tan importante?, por que se utiliza a letra grega π?

Xa na antigüidade, coñecían as fórmulas para calcular o perímetro do cadrado, do rectángulo, do triángulo, etc, pero non sabían como calcular o perímetro dun círculo de radio r. Esta non era unha cuestión sen importancia xa que o cálculo de áreas é moi importante para a agricultura, a arquitectura, a construción de camiños e pontes…

Precisamente a resposta para calcular o perímetro da circunferencia é π.

O alumnado de 1º da ESO coa súa profesora de matemáticas Estela Prol levaron a cabo un traballo para celebrar este Día no que intentaron calcular unha aproximación de π