Amosando publicacións coa etiqueta 2024 biblioteca EDLG.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2024 biblioteca EDLG.. Amosar todas as publicacións

Congreso Mobilidade Sustentable en medios de Transporte.

Este ano o Foro de Automoción evoluciónou nun congreso.

Aquí queda o vídeo do Congreso de Mobilidade Sustentable en Medios de Transporte 2024.
 

Excursión a Betanzos

 

O pasado mércores 29 de maio as alumnas e alumnos de relixión de 2º e 3º da ESO viaxaron a Betanzos para coñecer esta vila histórica, pasamos un día de aprendizaxe e lecer.

Un guía betanceiro levounos polas rúas antigas ata chegar ás igrexas de San Francisco  de  Santa María de Azougue. Na primeira ademais das explicacións de Julián escoitamos a Enrique Lista, franciscano, que nos contou como funcionaba o espazo solidario "Familia aberta" para persoas que viven en soidade e precisan atoparse. Unha desas persoas contounos a súa experiencia alí.

Logo visitamos Santa María de Azougue onde Julián nos preparou unha busca de "tesouros" medievais que se atopan nesta igrexa. Xa había fame. Marchamos a comer e a descansar a beira do río. Despois paseamos a beira do río e rematamos na praza tomando xeados, repoñendo forzas antes de voler a Vilalonga. Organizou a excursión a profesora de relixión Ana González e acompañárona os profesores Adrián Nespral Valle, Juan Ventoso, Rafael Arines e Carmen Sayáns.


Participación na Carreira Green Porwer das Pontes.

 

A FP de Automoción do IES de Vilalonga participou o día 8 de Xuño na Carreira de "Green Powe" organizada no Concello das Pontes. 




Conseguindo o premio de Green Power Iberia, na Greenest Bodywork. 

Visita Inditex

Dentro da iniciativa de aulas de emprendemento, o pasado  xoves o alumnado de Ciclo Superior de Administración e Finanzas e  2º de Bacharelato tiveron a oportunidade de visitar as instalacións de Inditex en Arteixo. Durante a visita tivemos a posibilidade de coñecer os diferentes departamentos, proxectos, espazos e tendas piloto da empresa. Sin dúbida unha gran visita que esperamos volver a repetir nos vindeiros anos.

CLUB DE CIENCIAS



Nesta actividade de Química o alumnado do club de ciencias do IES de Vilalonga prepararou distintas mesturas e disolucións específicas para a visualización de reaccións de precipitación, para a súa posterior separación por métodos físicos. O alumnado do club de ciencias tamén identificou diferentes sustancias químicas e experimentou sobre as diferentes cores que mostran o arder.