Amosando publicacións coa etiqueta Plan Proxecta 2023. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Plan Proxecta 2023. Amosar todas as publicacións

Loitamos contra a contaminación


O alumnado de 4ºESO participou o martes 18 de abril de 2023 nunha charla sobre A Contaminación. A charla foi impartida pola Dra. Fuencisla Mariño “Pachila”, profesora de Zooloxía e Contaminación na Universidade de Vigo.

Os contidos da charla tocaron os temas da definición de contaminación, os tipos de contaminantes naturais e artificiais e as súas fontes. Ademais puideron comentar a relación da contaminación coa historia do ser humano.

Exposición "Cartas de amor"

 



Desde o martes 11 de abril até o martes 9 de maio, os corredores do IES Vilalonga (Sanxenxo) estarán engalanados coa exposición 'Cartas de amor'. A mostra forma parte do Plan Proxecta 365 días de respecto e igualdade: prevención da violencia de xénero no ámbito educativo. 
 

O alumnado de ESO, Bacharelato e FP poderá contemplar as creacións artísticas de diferentes autoras galegas nas que imaxe e texto dialogan para ofrecer unha reflexión sobre as relacións afectivas, o amor e a autoestima durante a adolescencia. 

 


Palestra "Tratamento da violencia de xénero na publicidade e nos medios audiovisuais"

 

O grupo de Oratoria (3º de ESO, por volta de 12 estudantes) e o grupo de Igualdade de Xénero (2º de ESO, 11 estudantes) recibiron o pasado venres 24 de febreiro ás 8:30 horas unha palestra sobre a violencia e desigualdade de xénero en medios de comunicación e na publicidade. O evento está enmarcado dentro das actividades ofrecidas no Plan Proxecta 365 días... e foi conducido pola consultora Gela G. Sánchez-Albornoz.

OBRADOIRO DE INTELIXENCIA EMOCIONAL

 

Esta semana tivemos a segunda sesión do Programa Emociona-t con Gloria Fontán de GAPEFA, dirixida ao alumnado de 4º ESO e 2º FPB Auto do IES de Vilalonga, sobre intelixencia emocional para dotalos/as de estratexias e recursos persoais para manexar as emocións de maneira saudable.

Parabéns ao profesorado e alumnado do IES de Vilalonga!