Amosando publicacións coa etiqueta DEPART. DE RELIXIÓN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DEPART. DE RELIXIÓN. Amosar todas as publicacións

Exposición ODS


Os últimos quince días, 13-28 de maio, puidemos desfrutar dunha exposición organizada pola profesora de relixión Ana González. Titúlase: Letras que crean historias, Historias que contan vidas, ODS. A exposición foi cedida pola ONG Mans Unidas. O alumnado puido reflexionar sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (Axenda 2030 da ONU) e practicar coas TICs pois tiñan diversas actividades coas mesmas.



CME. Visita do Ecuador.


"O martes 18 de febreiro visitáronnos e falaron con nós dous estudantes e un formador do Ecuador, vinculados aos proxectos educativos da   “Federación internacional de Entreculturas". Contáronnos como os Campamentos CEFA e as Escolas Ambulantes fan posible que moita infancia e xuventude teña contacto cunha educación que promove  os Dereitos Humanos e axuda a atoparlle sentido ás súas vidas. Tamén nos gustou moito coñecer, de primeira man, xeografía e cultura  dese pequeno gran país que é Ecuador"

 

Traballando pola igualdade e a educación.



 





"Os días 14, 15 e 16 de febreiro, tres alumnas de 2º de ESO do IES de Vilalonga, Jennifer Lamelas, Daniela Nores e Candela Torres, asistiron, acompañadas pola profesora Ana González, ao Encontro Global da Rede Solidaria da Mocidade de Entreculturas. Neste Encontro, que se celebra cada dous anos en Guadarrama (Madrid), participaron 285 persoas, entre mozas e mozos, educadoras e educadores, organizacións invitadas e voluntariado, baixo o lema "A igualdade está nas túas mans".  Este Encontro, con dimensión internacional, ofrece unha experiencia de participación e cidadanía global á mocidade, para seguir incidindo na consecución dun mundo máis xusto, sustentable e igualitario"

Hábitos saudables



Os días 19 e 26 de novembro leváronse a cabo obradoiros para reducir a pegada ecolóxica e fomentar hábitos de consumo responsables, mediante a sensibilización e participación no festival de Climetraxes: e ti, que pegada deixas?.
Esta actividade estivo organizada polo Departamento de Relixión, aínda que tamén participaron o departamentos de Xeografía e Historia, Filosofía e Bioloxía. O alumnado ao que ía dirixido eran os distintos niveis da ESO, participaron case todas as clases, sobre todo os de 1º da ESO.

Entreculturas no IES de Vilalonga.



       O martes 7 de maio, un grupo de alumnas e alumnos quedamos a comer no

 instituto para participar, de 3 a 4 tarde, nun obradoiro chamado "É a hora da 

igualdade", que foi animado por Lorena e Abel, traídos pola fundación Entreculturas. 

 Pasámolo ben reflexionando sobre a situación actual da igualdade de xénero e

 imaxinando planetas futuros alumeados por estrelas de xustiza, compromiso e 

igualdade"











Recollida de alimentos



 Co lema: "para que non haxa ningún prato baleiro"  ao longo do mes de decembro recollemos alimentos e produtos de primeira necesidade do fogar no IES de Vilalonga. Organizouno o Departamento de Relixión en colaboración con Cáritas de Sanxenxo. A profesora Ana González, xuntos con algúns dos seus alumnos/as,  colocou os carteis e anuncios da campaña. Os obxectivos eran fomentar a solidariedade social do alumnado e facer visibles problemas cotiáns que a miúdo pasan desapercibidos.
  

 


     Bo Nadal!!!!!

Viaxe didáctica do departamento de Relixión


O pasado venres, 1 de xuño, alumnos e alumnas de Relixión de 1º, 2º e 3º de ESO fomos de viaxe  coa profesora Ana, acompañados tamén por Carmen e Isabel.
Visitamos o Castelo de Pambre, en Palas de Rei (Lugo). Lembramos  a Idade Media en Galicia e disfrutamos da construcción e da paisaxe subindo ás torres.
Logo achegámonos á igrexa de Vilar de Donas, tamén en Palas de Rei. Sorprendémonos coa arte románica e gótica que conserva esta igrexa, coa súa historia de donas e cabaleiros relixiosos, vinculada ao Camiño Francés de Santiago. Ben se nota isto, pois atopámonos con bastantes peregrinos.
Por último, collemos rumbo cara a Cabrui (Mesía), á casa da asociación solidaria “Raíña” onde, como outras veces, nos agardaba o cura Víctor para falarnos de perseguir soños que dean sentido á nosa vida. Unha veciña ensinounos a facer queixo co leite das vacas que por alí andan. E asamos chourizos para a merenda, con moi boa man.
Voltamos ao instituto pola tarde, cansos e contentos.








Entre-culturas: Campaña mundial pola educación.



O pasado xoves, 3 de maio DO 2018, 42 alumnos e tres profesoras do IES de Vilalonga fomos a Santiago a participar no acto central da SAME(Semana de Acción Mundial pola Educación),xunto con outros colexios e institutos de Galicia.


Primeiro, nun auditorio, expuxemos, cada centro, as nosas conclusións do traballado e aprendido acerca do dereito á educación e de como hai lugares do mundo e situacións que dificultan que miles de rapazas e rapaces accedan a ese dereito: pobreza, guerra, inxustiza, catástrofes naturais... Fixémolo con vídeos, pequenas representación teatrais,música, xogos... Logo fomos todos xuntos en marcha cara á Praza da Quintana, coreando lemas como "A educación é o camiño para a paz" " A educación é a solución" e " Deixa a túa pegada pola Educación". 

Nestas fotos e vídeos podedes vernos coa pancarta e as pegadas que levamos desde o instituto. Na Quintana esperáronnos os políticos que nos representan en cuestión de educación e cooperación, aos cales
expuxemos preguntas e peticións para unha contribución verdadeira a
que a educación chegue a todos, para que os países se desenvolvan e o fagan en paz.




Podedes ver uns vídeos da mesma nestes enlaces:
https://youtu.be/OOj_CjqroiA

ANDANDO OUTROS CAMIÑOS


O martes 30 de xaneiro, os alumnos de Relixión de 4º e 1º e 2º Bach. fomos de viaxe a Santiago, a Mesía e a Vilasantar, coa profe Ana, a profe Isabel e o profe Jorge.
En Santiago fixemos un pequeno percorrido pola arte, cultura e relixión da cidade, da man de homes e mulleres que fixeron e aínda fan vida en igrexas e mosteiros.


En A Raíña (Mesía) Víctor acolleunos coma outras veces, ofrecéndonos a casa como nosa. Asamos chourizos, comemos e escoitamos os soños de Víctor, que son tamén os da xente que quere un mundo máis xusto para todos, desde o corazón.


En Vilasantar, granxa ecolóxica, presenciamos como se empezan a facer realidade algúns deses soños de A Raíña, cultivando e distribuíndo produtos da terra con fins sociais. Manchamos mans e pés sementando e limpando terra... pero mereceu a pena.


Voltamos felices, rapaces e rapazas, profes e ata mesmo o condutor do bus, que foi  simpático e colaborador.


Un fermoso 30 de xaneiro...con moita 
paz.