
"O
martes 18 de febreiro visitáronnos e falaron con nós dous estudantes e un
formador do Ecuador, vinculados aos proxectos educativos da “Federación
internacional de Entreculturas". Contáronnos como os Campamentos CEFA e as
Escolas Ambulantes fan posible que moita infancia e xuventude teña contacto
cunha educación que promove os Dereitos
Humanos e axuda a atoparlle sentido ás súas vidas. Tamén nos gustou moito
coñecer, de primeira man, xeografía e cultura
dese pequeno gran país que é Ecuador"
Ningún comentario:
Publicar un comentario