O departamento de Lingua e Literatura galega, a biblioteca eo EDLG celebramos este día con versos e café e convocamos un concurso de Cartas de Amor á Lingua.No que se premiaría a máis sentida, a máis reivindicativa e a máis orixinal. O motivo e a inspiración foi unha preciosa carta escrita pola alumna de 4º da ESO Inés Costado.As alumnas gañadoras foron: Inés Costado de 4º ESO B, Nerea Vila e Paula Padín de 3º de ESO.
O buzón situouse na biblioteca.
As compañeiras da cafetería decoraron con corazóns dedicados o seu espazo.

"O amor é o significado último de todo o que nos rodea "
Rabindranath Tagore
Ningún comentario:
Publicar un comentario