
O club de lectura de 1º de bach., coordinado pola profesora Fátima Barreiro, reúnese no mes de febreiro para compartir impresións e preparar a visita de Antonia Huertas o 12 de marzo. Comen xuntos na biblioteca e despois fan unha longa tertulia (estes encontros fixéronos varias veces ao longo do curso).
A visita da escritora débese a que leron o seu libro Alterworld, ademais está dentro das actividades do 2º Festival Montenegro que organiza o IES Monte da Vila de O Grove, co que o club colabora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario