Amosando publicacións coa etiqueta convivencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta convivencia. Amosar todas as publicacións

Falando de Alterworld



O club de lectura de 1º de bach., coordinado pola profesora Fátima Barreiro, reúnese no mes de febreiro para compartir impresións e preparar a visita de Antonia Huertas o 12 de marzo. Comen xuntos na biblioteca e despois fan unha longa tertulia (estes encontros fixéronos varias veces ao longo do curso).
A visita da escritora débese a que leron o seu libro Alterworld, ademais está dentro das actividades do 2º Festival Montenegro  que organiza o IES Monte da Vila de O Grove, co que o club colabora.

EXCURSIÓN A ATAPUERCA- ALTAMIRA

O alumnado de bioloxía de 4º da ESO e 1º de bacharelato foron do 16 ao 20 de maio a diferentes lugares de interés: Atapuerca, Cabarceno, León, Altamira, As Médulas,etc. Os profesores que  organizaron a viaxe foron Lourdes Acuña e Jorge José Pérez Maceira do Departamento de Bioloxía, acompañounos na excursión o profesor de Lengua e Literatura castelá Manuel Radío.
Según non informaron a volta a saída resultou moi entretida, divertida e didáctica.
Parabéns a todos/as.

Excursión de 1º e 2º da ESO- clubs de lectura



VISITAMOS PADRÓN

O alumnado de 1º e 2º de ESO  puxo fin ás actividades do Club de Lectura achegándose a Padrón.
A andaina comezou polo Paseo do Espolón e o centro da vila ata chegar á Casa museo de Rosalía, que visitaron despois dun pequeno descanso no xardín. Xa de volta, repuxeron forzas con xogos e un xeado no xardín botánico.
Unha mañá para compensar os recreos perdidos ó longo do curso.

SAÍDA A RIBADAVIA E CELANOVA



O 24 de abril o alumnado de 1º de bacharelato realizou unha saída a Ourense programada polo EDLG.

Pola mañá, ademais de facer un percorrido pola vila de Ribadavia (castelo, barrio xudeu, Casa da Inquisición...), alumnos e alumnas asistiron a unha visita guiada polas salas  dedicadas á pesca, á cerámica, ó liño, á fotografía ou ó viño no Museo Etnolóxico.
Pola tarde, houbo dúas visitas tamén guiadas:  Celanova e Vilanova dos Infantes.  Na casa natal de Curros, a Casa dos Poetas, o alumnado achegouse á traxectoria vital do autor de Aires da miña terra. En Vilanova subiu á Torre da Homenaxe, desde a que se pode contemplar o santuario da Virxe do Cristal, e coñeceu  a relevancia que tiveron os zapateiros nesta vila, na que a mediados do século XX  desenvolvían o seu labor máis dun cento de  artesáns deste gremio.  A poucos metros da torre o noso alumnado visitou a cova de san Vivián, na que teñen os zapateiros o seu museo.
Curros fai referencia a eles ó versificar a lenda da Virxe do Cristal: “Vilanova dos Infantes / é vila de grande sona: / n’hai zapateiros no mundo / que batan millo-la sola”.