ADEUS A UN DOS GRANDES NARRADORES ACTUAIS:
CARLOS RUIZ
ZAFÓN.
Carlos Ruiz Zafón faleceu no día de hoxe deixando para nós
un gran número de novelas. Grazas á súa boa pluma converteuse nun dos grandes
escritores españois. De feito, dise que é o segundo autor español máis lido. Xa
coñecederedes o nome do primeiro.
A fama internacional chegoulle coa obra La sombra del
viento, da que xurdiu unha tetralogía concluíndo no 2016 con El laberinto de
los espíritus. Mais, como xa saberedes, antes desta fama, Zafón foi un autor xuvenil. El príncipe de la niebla, El palacio de la medianoche e Marina son algunhas das
obras que máis se pasean polos andeis das Bibliotecas dos centros educativos.
Ademais de deixarnos todos estes títulos, a Carlos Ruiz
Zafón debemos agradecerlle que fora capaz de achegar a literatura aos mozos e
mozas e que moitos de vós descubrísedes o pracer pola lectura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario