Outro curso máis que vai chegando
ao seu fin e toca facer reconto das actividades que se propuxeron dende a
Biblioteca, como os clubs de lectura. No caso de 1º de Bacharelato hai moi bos
momentos compartidos nesas sesións de mediodía, sempre aderezadas cun biscoito
de sobremesa, acompañado de boa conversa e risas. Hoxe toca recordar as
actividades que realizou o alumnado en torno aos libros que se compartiron,
actividades nas que despregaron o seu talento (algunha ten madeira de artista)
e que demostraron que un libro sempre promove creacións marabillosas. Aquí
están algunhas mostras do bo saber destes rapaces e rapazas.
A primeira lectura foi o cómic Blacksad,
de Juan Díaz Canales e Juanjo Guarnido,
e moitos dos rapaces e rapazas se decantaron por facer un “booktrailer”.
Na
segunda lectura, as actividades foron máis variadas. Neste caso a obra foi a
novela Alterworld
de Antonio Huertas, que nos permitiu coñecer, dun xeito moi ameno, algo máis
sobre a ciberdelincuencia. Os rapaces e rapazas fixeron unha recomendación en
vídeo, un booktrailer e unha recopilación dixital dos lugares onde se
deselvolve a historia: https://prezi.com/view/CK0j0tq3u6qv3qdKf0g3/
E, xa sabedes, o ano que ven vós
podedes desfrutar destas lecturas, só tedes que pedilas na Biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario