ADRIÁN CASTRO E CRISTIAN TRONCOSO PREMIADOS NO FPBASICASKILLS GALICIA 2022





Esta mañá tivo lugar no CIFP Politécnico de Santiago a entrega de premios do 1º Campionato Galego de Formación Profesional Básica, FPBásicaSkills Galicia 2022, destinado a alumnado de FP Básica e de Programas Formativos, que ten como obxectivo darlle unha maior proxección e difusión aos ciclos de formación profesional básica e programas formativos que se imparten en Galicia e que é unha iniciativa única a nivel nacional.

Nesta primeira edición resultaron premiados, cun segundo posto e cunha puntuación moi axustada respecto do primeiro, dous alumnos dos IES de Vilalonga, Adrián Castro e Cristian Troncoso, alumnado referente do que debe ser a FP Básica, que amosaron coas súas destrezas e bo facer un grande nivel de implicación no traballo que desenvolveron.






Parabéns para Adrián e Cristian, para o seu titor Fernando Prado e para o compañeiros e profesorado implicado en sacar adiante unha formación pública e de calidade!

Ningún comentario:

Publicar un comentario