Os días 19 e 20 de maio tivo lugar no IES de Vilalonga o IX foro de innovación da FP de Automoción, este curso coa temática: electrificación e hidróxeno. Contouse coa presencia das seguintes autoridades: María Deza (tenente de alcaldesa), Carmen Fernández Dapena (Directora do CFR Pontevedra), Cesar A. Ares (Delegado territorial de educación), José Carlos Barros Pardo (Inspector de educación) e Rafael Arines Gago (Director do IES de Vilalonga).
O 19 de maio, xoves, a partir das 16:30h fixéronse unha serie de talleres de contido diverso: detailing, diagnose sobre vehículo, vehículos eléctricos e simulador de soldadura virtual:
O 20, venres, a partir das 9h empezou o bloque teórico, no auditorio Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo. Trataron temas diversos como: "A nova FP no futuro", Innovación LUIKE: " El eléctrico 2.0", Híbridos "Una solución compleja". A partir das 11:45h presentáronse os proxectos de innovación na FP de automoción de Galicia:
A partir das 17h, tras unha comida de traballo, no IES de Vilalonga fixéronse distintas actividades: un taller práctico sobre vehículo Lexus NX, dúas ponencias: Competición Greenpower Iberia; Taller práctico sobre Porsche Taycan; Taller sobre maquinaria agrícola e taller práctico náutico. Ao mesmo tempo fixéronse actos paralelos como: exposición de ferramentas e útiles, exposición de libros técnicos e exposición de vehículos innovadores.
As 20h clausuráronse as xornadas con unha valoración positiva por parte de todos/as, tanto os organizadores como os asistente, a participación foi moi elevada e os temas tratados innovadores e
necesarios para o avance da FP de automoción.
Ningún comentario:
Publicar un comentario