A DERRADEIRA VIAXE EN BARCO DE DOMINGO VILLAR

Esta semana foi a do 17 de maio, data que escollemos e iniciamos en Galiza para a homenaxe e celebración de persoas que entregaron parte da súa vida á cultura, lingua e sobre todo literatura galega, mais esta semana das Letras Galegas foi tamén na que partiu unha das persoas que máis teñen feito pola literatura galega nos últimos anos, Domingo Villar. 

Con Ollos de auga Domingo Villar achegounos alá polo 2006 a unha literatura en galego feita para lectores e lectoras de todas as linguas e culturas e nun momento no que as letras galegas precisaban un pulo cara adiante como o que lle deu o inspector Leo Caldas, personaxe que nos levou de visita por Vigo e arredores e que seguimos en A praia dos afogados e O último barco.


Podemos dicir que foi unha sorte que Domingo se decidira a publicar Algúns contos completos deses que tiña agochados nos seus papeis e na súa memoria, porque xa non teremos oportunidade de escoitarllos lembrar.

De seguro que Leo Caldas estaría de novo a pasear por Vigo, tomándose uns viños, no momento que o destino quixo que Domingo Villar collese o barco da súa derradeira viaxe, aínda que esta deixe na súa singradura a pegada das letras inmortais que celebraremos aínda tantas veces.
 
                              

Ningún comentario:

Publicar un comentario