Membros da ONG Entreculturas visitan o noso centro


O martes 26 de abril viñeron ao IES de Vilalonga Yanina Garbesi (coordinadora do Protagonismo Xuvenil Organizado en F e A  Arxentina) e  Carmen  Analía Cortes Aranda (xoven egresada dos colexios de F e A Arxentina e líder xoven nos proxectos de PJO). 

Ambas son membros activos da ONG Entreculturas, despois da participación do grupo representativo do IES de Vilalonga no encontro que esta asociación fixo en Guadarrama, visitáronos e faláronnos das actividades que levan a cabo no seu país para evitar desigualdades educativas e axudar a poboación con menos recursos a superarse mediante a educación. 

Fixeron fincapé na situación que destapou a pandemia do COVID-19 que permitiu observar que non todos os nen@s e mozos/as puideron acceder a educación, debido a distintos factores entre eles a fenda dixital e a falta de recursos.

Esta ONG tamén traballa a prol do medio ambiente e da igualdade de xénero, pretende ser un movemento organizado de loita e solidariedade das causas con frecuencia esquecidas.

Podes poñerte en contacto coa rede solidaria de Entreculturas a través de: https://WWW.instagram.com/redec_ec_

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario