Visitamos Galiciencia co fin de espertar vocacións científicas e gozar da ciencia, o espectáculo científico celebrado no Parque Tecnolóxico de Galicia (Ourense), feira que se celebra dende 2006, dirixida a estudantes de todas as etapas.
Os nosos alumnos e alumnas de 4º de ESO tiveron a posibilidade de participar en charlas, obradoiros e moitas outras actividades sobre economía circular: A economía circular (EC) ten por obxectivo reducir o impacto das actividades económicas e sociais sobre o medio natural. Para tal fin, non hai mellor acción que eliminar o consumo de todo o “innecesario” e “superfluo”, é dicir, reducir o consumo, tanto no ámbito das empresas como dos consumidores finais (particulares ou administracións públicas). Feito o anterior, dispoñemos de diversas estratexias para ser máis circulares e deste xeito, traballar e acelerar o progreso cara a consecución do ODS 12. do Desenrolo Sostible: Produción e consumo responsables.
Aproveitando a viaxe á cidade de Ourense, visitamos o seu centro histórico, as burgas, a Praza Maior e a súa catedral. Encantounos, sen dúbida Ourense é un destino recomendable!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario