Plan Director


O Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nas súas contornas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, impulsado desde a Delegación do Goberno en Galicia e a alta Inspección de Educación, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias).

Esta semana tivo lugar unha nova conferencia do Plan Director. Os temas tratados foron as drogas e o alcohol para o alumnado de 2º da ESO  e o Acoso escolar para 1º da ESO.

 

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario