Este pasado martes 3 de maio tivemos a visita de Eva Mejuto para compartir co alumnado de 2º da ESO as impresións e opinións sobre as súas obras 22 segundos e Memoria do silencio. Ambas tratan temas que nos deixan ver outras realidades, outras formas de ser e existir e como visibilizar os colectivos e historias que seguen a ser silenciados. Saber poñerse na pel das demais persoas e aprender das heroínas silenciosas e silenciadas é ben importante nestes tempos, é de xustiza.
Moitas grazas Eva por volver ao que un día foi o teu centro!
Ningún comentario:
Publicar un comentario