Amosando publicacións coa etiqueta IES de Sanxenxo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta IES de Sanxenxo. Amosar todas as publicacións

Festival das letras do IES Sanxenxo.


O xoves 13 de xuño o IES Sanxenxo entregou os premios do Certame literario. Tivo lugar no Auditorio Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo. Acudiu o alumnado finalista coas súas familias e unha representante do noso centro, a profesora Montserrat Ferreirós. Entregáronlle premios a tod@s os finalistas e os gañadores de cada categoría. Do IES de Vilalonga foron premiados:

CATEGORÍA B:
- EVA APELLÁNIZ ÁLVAREZ ( gañadora do 1º premio da categoría)
- ALEXANDRA CARBALLA ESTÉVEZ

CATEGORÍA C:
- MARIO SANTISO FERREIRÓS
- INÉS COSTADO AFONSO
- ARTHUR GIL TORRES
- MANUEL ARNOSO DOVALO
- ANTÍA ASPÉREZ MARTÍNEZ
 

I CERTAME DE REGUEIFAS CONCELLO DE SANXENXO

O alumnado de 2º ESO do IES de Vilalonga participou o pasado 11 de abril, xunto con compañeiras e compañeiros do IES de Sanxenxo e o Colexio Abrente, no I Certame de Regueifas do Concello de Sanxenxo que tivo lugar no Auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán.
Ao encontro asistiron ademais os regueifeiros Lupe Blanco e Josinho da Teixeira que guiaron esta xornada de lingua, cultura e convivencia entre o alumnado dos tres centros educativos de Sanxenxo.






Algúns enlaces de interese sobre este encontro:



AS REGUEIFAS NO IES DE VILALONGA



O venres 5 de abril tivo lugar na biblioteca do IES de Vilalonga o primeiro dos dous obradoiros de regueifas dirixido a alumnado de 2ºESO. Nesta ocasión contamos coa presenza da regueifeira Lupe Blanco, quen ademais de inicialos na teoría da composición deste tipo de textos, axudou a que improvisaran e crearan as súas primeiras regueifas.
O alumnado quedou moi satisfeito desta experiencia e xa están pensando no que van facer o vindeiro martes 9 de abril con Lupe, que nesta ocasión virá acompañada de Josiño da Teixeira.
Finalmente, tanto os participantes como as compañeiras e compañeiros de 2º ESO do IES de Vilalonga, viaxarán o xoves 11 de abril ao Auditorio Emilia Pardo Bazán para participar no I Certame de Regueifas de Sanxenxo e compartir experiencia regueifeira con alumnado do IES de Sanxenxo e do Colexio Abrente.

Concurso literario no IES de Sanxenxo




O noso alumnado do grupo de voluntarios da biblioteca escolar  e do club de lectura de 3º de ESO, xunto cos dos grupos de clubs de lectura de 1º de bacharelato participaron no XII Certame Literario de Narración Curta e Poesía do IES Sanxenxo o pasado día 18 de maio nese centro escolar.

Esta é unha cita á que acudimos todos os anos, que conta con varias categorías.  O noso centro participa este ano nas de segundo ciclo de secundaria e na de bacharelato. 


O día 15 de xuño no Auditorio Emilia Pardo Bazán é a entrega de premios. Unha parte importante deste alumnado está a espera ansioso do veredicto, dado que moitos son ex alumnos dese centro escolar.


ALUMNADO PREMIADO NO CONCURSO LITERARIO DO IES DE SANXENXO




As alumnas do noso centro que resultaron premiadas no XI Certame Literario que organiza o IES de Sanxenxo foron: 
 

ÉRIKA CACABELOS FERNÁNDEZ (Primeiro premio na categoría B)



MARTINA BASDEDIÓS TILVE (Segundo premio na categoría C)






ANA RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ (Primeiro premio na categoría D)

EVA GONZÁLEZ KÖLMEL (Segundo premio na categoría D)
INÉS REY SOUTULLO
(Terceiro premio na categoría D)


Resultaron finalistas: 

EVA BASDEDIÓS TILVE (categoría B), LIDIA DADÍN CAMIÑA, IRIA OTERO RIVEIRO, MIREIA OTERO LEIRO, RAQUEL TORRES CHAN, ANDREA PENAS GONDAR, ROCÍO MATILLA NÚÑEZ E CARLOTA DOMÍNGUEZ DOMÍNGUEZ (categoría D).

CURTAMETRAXES no auditorio E. PARDO BAZÁN



O IES de Sanxenxo convidou ó noso alumnado de 3º e 4º da ESO a visualizar curtas en galego no auditorio Emilia Pardo Bazán no día de onte.



Estas foron as curtas que se proxectaron: O PREZO DO DOTE, XINETES NA TORMENTA, A ROSA DOS VENTOS, AMELIA E AS SEREAS, TOXIC PERCEBE, MAN e CADERNO DE BITÁCORA.

VI Certame Literario IES de Sanxenxo



O luns pasado asistimos á entrega dos premios do Certame Literario do IES de Sanxenxo que van xa pola súa sexta edición.


O 23 de abril de 2010, o IES de Sanxenxo, comandado por Loli, acollíanos a persoas de seis centros educativos do Salnés para un acto de creación simultáneo. Alí, máis de 200 alumnas e alumnos crearon poesía e prosa partindo da  escrita de Yolanda Castaño. Impresionaba ver todas aquelas cabezas bulindo na procura da palabra, nun ximnasio convertido en fervedoiro creativo.


Agora, case dous meses despois, reuníronnos para entregar os seus premios nun auditorio Emilia Pardo Bazán do concello pontevedrés practicamente cheo de familias e rapazada.


Os condutores do acto foron os membros da compañía de teatro Elefante Elegante, que adaptaron o seu espectáculo O Forno para a ocasión introducindo de xeito cómico a reflexión sobre a importancia dos libros e a literatura. Madame Lisette (María Torres) e O Barón (Gonçalo Guerreiro) divertíronnos cos seus diálogos acompañados pola música de Alex Fente.


A mantedora do acto foi a poetisa Yolanda Castaño que principiou falando da necesidade de nos expresar e da tendencia que cadaquén ten para facelo a través dunha determinada arte para logo se centrar na creación e máis propiamente na creación poética. Logo foi recitando algunha das súas composicións ao tempo que as explicaba e realizaba unha reivindicación das minorías culturais como un elemento positivo e fundamental na vertebración dunha sociedade sá.


Por último, queremos agradecerlles aos bibliomaníacos do IES de Sanxenxo o ben que nos trataron.
Tamén desexamos felicitalos polo seu apoio á creación literaria entre a mocidade.

Alumnos do IES de Vilalonga premiados no Certame Literario do IES Sanxenxo 2010


Noraboa ao alumnado premiado!

ESO
PATRICIA PÉREZ DOMÍNGUEZ - IES VILALONGA 3º C (DC)
ARANCHA LAMELAS PRIETO - IES VILALONGA, 3º ESO-C (DC)
SOFÍA DEARRIBA - IES VILALONGA, 4º ESO-B
ALEJANDRO PRIETO VIDAL - IES VILALONGA, 4º ESO-B



BACHARELATO
TAMARA DEZA MARTÍNEZ - IES VILALONGA, 1º BACH-A
SILVIA MARTÍNEZ REY - IES VILALONGA, 1º BACH-A
TOMÁS MANUEL GONZÁLEZ RIAL - IES VILALONGA, 1º BACH-A
ROBERTO MARTÍNEZ DOS REIS - IES VILALONGA, 1º BACH-A
MIRIAM SARTAGES GARCÍA - IES VILALONGA, 1º BACH-A
CARMEN CIRUJANO PORTELA - IES VILALONGA, 1º BACH-A
SANTIAGO LAGO CASAL - IES VILALONGA, 1º BACH-A
SERGIO PRIETO RODRÍGUEZ - IES VILALONGA, 1º BACH-A
LAURA CACHEDA QUIÑONES - IES VILALONGA, 1º BACH-A
SARA AGUÍN SARTAGES - IES VILALONGA, 1º BACH-A


A repartición de premios tivo lugar  o luns, 14 de xuño, no Auditorio Emilia Pardo Bazán.

IV Certame Literario IES de Sanxenxo

Desde "A beira das palabras" querémoslle agradecer ao IES de Sanxenxo ternos convidado a participar no IV Certame Literario dese instituto.
Sorprendeunos moito a enorme cantidade de participantes e o ben organizado que tiñan o certame.
Todo un acerto esta convocatoria presencial, lonxe desoutros concursos literarios, aquí os participantes experimentan a escrita literaria en directo, en igualdade de condicións, a partir doutros textos literarios.
Deixamos aquí unhas fotos tiradas durante o certame e dámoslles os nosos parabéns á organización.

IV Certame Literario IES de Sanxenxo on PhotoPeach