Amosando publicacións coa etiqueta TIC. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TIC. Amosar todas as publicacións

TIC- Día da LG.


 




O alumnado de 4º da ESO da materia TIC fixo, baixo a tutela da súa profesora Minia Gómez, carteis para o Día das Letras Galegas (17-05-2021). Este ano estivo dedicado a poeta Xela Arias como podemos ver. O resultado foi moi notable.

 Parabéns a todos/as.


EMPREGAR IMAXES RESPECTANDO O DEREITO DE AUTOR

No blog o lar do Frianciño da Biblioteca do C.E.I.P. Friáns - Teis aparece,xa realizado en 2014, este práctico titorial para aprender a usar imaxes. Unha información que sen dúbida nos será moi útil para fomentar a responsabilidade. É por eso que volvemos a traelo a primeira páxina. Unha vez máis,parabéns os autores e/ou autoras.

Recursos TIC para a NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA


Recursos TIC para a normalización lingüística from Coordinadora Galega ENDL

Presentación de Marcus Fernández (webmaster de Código Cero) empregada na palestra "Avaliación de recursos para a normalización lingüística: as tecnoloxías e os recursos lingüísticos" pronunciada o 15-04-2016 nos XVIII Encontros para a Normalización Lingüística (Consello da Cultura Galega). http://goo.gl/U8AxON

La biblioteca escolar, un centro de recursos


Cristina Novoa desde as Bibliotecas Escolares de Galicia fala do importante papel que as nosas bibliotecas están a ter na toma de contacto e tratamento por parte do alumnado das novas ferramentas da información e a comunicación.