O alumnado de 1º da ESO fixo unha exposición sobre a evolución humana na prehistoria dende unha perspectiva de xénero. Organizou esta actividade a súa profesora de Xª e Historia Patricia Díaz. O resultado é impresionante, colocada nas escaleiras do edificio 2 do Centro, baixamos seguindo os pasos evolutivos do ser humano. Móstrase tamén a importancia da arqueoloxía e a arte como medios para comprender e estudar este período.
Para rematar a profesora fixo un vídeo do traballo realizado:
Parabéns ao alumnado de 1º da ESO e a súa profesora polo bo traballo e os resultados conseguidos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario