A RAFAEL PILLADO

-A LOITA COMPROMETIDA ATA QUE O CORPO AGUANTE-

Rafael Pillado na Biblioteca do IES de Vilalonga en novembro de 2007

Recollemos da Memoria da Biblioteca 2007-2008, este apunte emocionante, que hoxe, día da clase traballadora desexamos facerlle chegar a Rafael Pillado:"Anunciabamos en novembro desde a Biblioteca, a idea de Salvar a memoria. Contar e cantar historias.Queriamos que estas foran fragmentos de vida, de compromiso. Relatos de quen sofre a historia, dignifica a memoria, énchenos de coraxe e ábrenos sendas. Os que outros nunca nos ían contar.Unha vez foi Rafael Pillado (20/11/2007), lóstrego que enfiou e desenfiou discursos, deixando nidia a maña..."...Ao longo desa xornada, Rafael foi recibindo aos alumnos de Bacharelato. E recóllese na memoria dese día o dicir que transmiten alumnos e profesores, logo de escoitar tan maxistrais clases. Historias sobre o mesmo tema, que Rafael soubo e non dubidou en tecer para cada grupo de diferente maneira...Sirvan estas palabras de Elisa Rey, coordinadora da Biblioteca nese momento, para introducir a historia que contamos máis abaixo. Oxalá a nosa humilde contribución sirva de axuda para mellorar as condicións dos traballadores.Que a nosa admiración e alento chegue ata Rafael que transita por istes días coa fortaleza da que fixo gala durante a súa vida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario