NACE O CLUB DE LECTURA EX LIBRIS NO IES DE VILALONGA

 No mesmo día que no IES de Vilalonga despedimos este ano, démoslle a benvida presencial no ao Club de lectura de adultos EX LIBRIS, unha iniciativa á que xa lle tiñamos ganas hai tempo e que inauguramos hoxe cunha xuntanza para comentar a lectura de Infamia de Ledicia Costas. Pouco queda que dicir da obra mais ca convidar a ler, xa que o exercicio é cousa de cada lector/a.



 O certo é que conformar este grupo supuxo xa inicialmente a dobre satisfacción da boa acollida que tivo e do que isto supón nun ano como o que estamos a vivir, pero a xuntanza de hoxe significou ademais compartir entre persoas que nos vemos cada día no traballo outra parte de nós, a da curiosidade das vivencias, a interpretación das emocións, das vidas dos outros, eses aos que axexamos en cada páxina, ás veces procurando moldealos aos nosos desexos, outras, procurando que nos sorprendan... 

 Parabéns e que dure moito a vida do Club de lectura EX LIBRIS do IES de Vilalonga!



Ningún comentario:

Publicar un comentario