Amosando publicacións coa etiqueta DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES. Amosar todas as publicacións

8M, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER







Hoxe celébrase o día Internacional da Muller.
Como sabedes, o noso centro sempre está traballando na defensa pola igualdade e neste día non ía ser menos. O equipo de Igualdade coa colaboración do alumnado realizou unha exposición fotográfica onde se mostra a vida cotiá de mulleres actuais de todas as idades e onde se visibiliza a labor do home dentro do fogar.
Reparade ben nela no corredoiro do edificio 1!

Non vos esquezades que na nosa Biblioteca temos un recuncho enteiro adicado á Igualdade onde atoparedes diferentes libros. E que dicir das obras escritas por mulleres, xa sabedes que temos todas as posibles.

8M DÍA DA MULLER 2017



"Hoxe é o Día da Muller.

Ó longo da historia, varios pensadores, humanos e divinos, todos machos, ocupáronse da muller, por diversas razóns:

  • Pola súa anatomía
    • Aristóteles: "A muller é un home incompleto"
    • Santo Tomás de Aquino: "A muller é un erro da natureza, nace dun esperma en mal estado"
    • Martín Lutero: "Os homes teñen ombros anchos e cadeiras estreitas. Están dotados de intelixencia. As mulleres teñen ombros estreitos e cadeiras anchas, para ter fillos e quedarse na casa"
  • Pola súa natureza
    • Francisco de Quevedo: "As galiñas poñen ovos e as mulleres, cornos"
    • San Juan Damasceno: "A muller é unha burra tozuda"
    • Arthur Schopenhauer: "A muller é un animal de pelo longo e pensamento curto"
  • Polo seu destino
    • Dixo Yahvé á muller, segundo a Biblia: "O teu home dominarate"
    • Dixo Alá a Mahoma, segundo o Corán:"As boas mulleres son obedientes"
Do libro Mujeres de EDUARDO GALEANO

MULLERES A TRAVÉS DO CINE

Todas elas interesantes e algunhas mesmo lindas e moi lindas

The Bostonians (As bostonianas); Reino Unido,1984;
James Ivory

As primeiras sufraxistas bostonianas son burguesas ilustradas que loitan por conseguir a emancipación das mulleres

 Julia(Xulia); EE UU, 1977; Fred Zinnmermann

Lilliann Hellman, futura escritora norteamericana, entabla amizade con Julia, estudante escocesa, pouco antes de que para Europa corran outros malos tempos, o ascenso do nazismo
Linda película!

 Libertarias(Libertarias); España,1996; Vicente Aranda

Un grupo de milicianas anarquistas libra a súa propia batalla contra a sublevación militar de 1936

Thelma & Louise (Thelma e Luísa); EE UU, 1991; Ridley Scott

Thelma e Louise deciden tomarse un fin de semana para romper coa rutina das súas viadas. Este seu intento de vivir en liberdade resulta case un drama
Fermosa e moi interesante!

Suffragette (Sufraxistas); Reino Unido, 2015; Sarah Gavron

O movemento sufraxista naceu en Inglaterra pouco antes da Gran Guerra (1914-1918). Eran mulleres que sairon da clase obreira, do proletariado, e que se radicalizan cando ven que as súas pacíficas protestas non servían para nada. Nesta súa loita son incansables e mesmo deciden exporse a perdelo todo. A protagonista loita denodadamente pola dignidade das mulleres

Unha moi linda película actual!

"MATRIARCAS" PARA O DÍA DA MULLER



Mágoa que teñamos que seguir reivindicando este día na procura de demostrar que somos iguais na diferenza. 

Unha mostra do seu labor creador e, asemade, unha homenaxe ás nosas MATRIARCAS esta canción de Guadi Galego. 

LUISA VILLALTA: PAIXÓN E COMPROMISO


Unha poeta galega, Luísa Villalta, como símbolo da paixón e compromiso da muller no seu quefacer, neste caso literario par celebrar que hoxe, 8 de marzo, é o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.


 

MATRIARCAS

O día 12 de marzo co pretexto de reivindicar o papel que desenvolveu e desenvolve a muller no mundo e na sociedade galega, honráronnos coa súa visita Montse Fajardo, autora do libro "Matriarcas", e dúas desas mulleres formidables : Waldina e Maruja, dúas de tantas que tan dignamente nos representan e que fan que nos sintamos orgullosas de formar parte do xénero feminino. ¡MOITAS GRAZAS!




Miniatura

"¿Qué te hago? ¿Y yo qué hago?"

¿Que hago?¿Que te hago? from integra2mundo on
Vimeo

Este ilustrativo vídeo, realizado no marco do proxecto  Migrante TV, serve para preguntármonos por que razón en  pleno século XXI seguimos precisando de que o día 8 de marzo sexa o DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES.

Na pequena peripecia vital das mulleres, que aparecen no vídeo, queda moi ben reflectido como no noso mundo occidental continúan existindo unha chea de actitudes micro machistas encubertas.