O autor vigués leva moitos anos traballando no eido da comunicación e a xestión cultural. É asiduo colaborador de diversos medios de comunicación galegos como cronista cultural. Foi un dos primeiros autores en promover o uso da Internet como motor para animación á lectura e o debate cultural, nomeadamente desde a súa concorrida bitácora 'A canción do náufrago.
De 2010 a 2015 foi presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil.
Dende decembro de 2016, é Director Xeral da Editorial Galaxia.
A súa carreira como escritor comezou no ano 1991 coa publicación de Amor de cinema, ao que lle seguiron Play-Back, os relatos de A canción do náufrago, ambos de 2001, e a novela histórica Memorial do infortunio. En 2004 publicou Xeración perdida. Recibiu en 2006 o Premio Blanco Amor de novela longa con Spam. Logo viñeron outras publicacións como: “O corazón da Branca de Neve”, gañadora do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia, 'In vino veritas' ou 'As palabras da néboa' coa que en 2007 resultou gañador do Premio de Novela Manuel García Barros.
Tamén publicou obras para nenos e rapaces como: 'Tes ata as dez', 'Chamádeme Simbad' ou 'O neno can'.
Como articulista, recibiu o premio Manuel Reimóndez Portela polos seus traballos de animación á lectura.
Galicia Digital
O escritor Francisco Castro mandou un vídeo para os de 1º da ESO pola súa lectura de
"Chamádeme Simbad".
Ningún comentario:
Publicar un comentario