A antropoloxía é unha rama da filosofía que se
ocupa da idea de “ser humano”. Non é unha ciencia, porque o seu obxecto non se
reduce a un campo categorial en particular: o campo biolóxico, o campo
cultural, o campo psicolóxico, etc. Por iso necesita nutrirse de saberes
científicos como a zooloxía, a socioloxía, a psicoloxía, e tamén de obras
literarias que iluminan aspectos da existencia humana. Un modo de achegarse a
estes saberes é a través da lectura e análise de obras significativas. Na
biblioteca contamos cunha ampla bibliografía, tanto ensaística como
literaria, que nos axuda a coñecer
mellor as características máis salientables do ser humano. O alumnado da materia
fixo a recensión de algunhas desas obras para animar á súa lectura. Estes traballos foron realizados baixo a supervisión do profesor de antropoloxía Fernando López Prada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario