Amosando publicacións coa etiqueta banda deseñada. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta banda deseñada. Amosar todas as publicacións

Presentación de "Enórmic Banda"

A nova no Faro de Vigo

"Enórmic Banda", a revista de banda deseñada dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega do Salnés,  saíu á luz un ano máis. O milagre fano posible unha serie de profesores entusiastas que este ano renderon homenaxe a unha das súas baluartes, Rosa Feixoo, tristemente desaparecida hai poucos meses. A ela está dedicado o limiar da revista da man do escritor Ramón Caride. Tamén este ano contamos cun debuxante de prestixio, Manel Cráneo, para a nosa portada e contraportada. Pero o máis especial de toda a nosa revista son os traballos do noso alumnado nela. Neste caso desde o IES de Vilalonga, Eva Basdediós e María Camiña de 3º de ESO foron as escollidas, pero non queremos deixar de citar que a colleita de bandas deseñadas deste ano foi especialmente boa e que o alumnado de 1º de bacharelato entregou estupendos traballos que non puideron entrar para a selección da revista por presentárense fóra de prazo. De aí que estean  nunha exposición nos corredores do noso centro para todos aqueles que os queiran ver.


A presentación da revista desenvolveuse o pasado día 30 de maio no IES Ramón Cabanillas. As nosas alumnas non puideron compartila co outro alumnado seleccionado porque se atopaban na saída do Club de lectura na illa de San Simón, pero séntense igualmente premiadas coa publicación dos seus traballos na revista.


Como facer un cómic


Xa empezamos a conta atrás para o noso CONCURSO DE BANDA DESEÑADA que obtén como premio a publicación do teu traballo na revista ENÓRMIC BANDA da Coordinadora de EDLG do Salnés.
💭💭💭💭💭💭💭💭💭
Só te tes que aplicar un pouco, seguindo as seguintes bases:
  • Tema libre.
  • Máximo dous folios só por unha cara.
  • Preferiblemente en branco e negro.
Tes até o 24 de abril para presentar a túa banda deseñada.

Por se precisas bibliografía para o teu traballo. Tes estes dous libros na biblioteca do centro e deixo aquí tamén esta presentación para refrescar ideas.



Violencia de xénero

Aquí vos deixo algúns enlaces moi interesantes, seguro que ides descubrir cousas novas que vos poden axudar. 
Unha páxina para saber si as vosas relacións teñen elementos negativos que deberiades cambiar e a aplicación  gratuita DETECTAMOR que podedes descargar aquí porque como ben amosa Borges


Un exemplo de promoción da lectura desde o ámbito curricular

Os alumn@s de 1º de bacharelato realizaron coa profesora de xeografía e historia,, Estefanía Fernández Piñeiro,  unha serie de traballos utilizando a banda deseñada; as presentacións en power-point están acompañadas dunha unidade de texto explicando as imaxes. Parabéns polo excelente traballo realizado.






Expotaku Coruña 2015

                            



Esta fin de semana deu comezo a sexta edición de EXPOTAKU na Coruña para os fans do cine, os videoxogos e a banda deseñada. Celébrase os días 22,23 e 24 de maio; en 2014 superáronse os 12.000 visitantes.

Estará NINTENDO promocionando a súa xira news 3DS

Zona gamer con consolas de nova e pasada xeración e xogos.

Zonas habilitadas para LOL, xogos de mesa e MOBA.

Artes marciais e Cosplay

Tendas adicadas a manga e anime.

Presentación de Enórmic Banda 2015

O pasado xoves presentouse a revista de banda deseñada da Coordinadora de  Equipos de Normalización Lingüística do Salnés  ENÓRMIC BANDA no IES Francisco Asorey.

Este ano a portada e contraportada foi deseñada polo artista cambadés Miguel Pérez Ramudo e o prólogo é da autoría da escritora vilagarciana Sabela Muñiz.

Seguimos aí un ano máis a pesar de todas as trabas económicas que nos poidan poñer, e aí están tamén os nosos alumnos, este ano formado por un amplo elenco, dado que non só colaboraron coas súas historietas de cómic, senón que tamén se achegaron con algúns deseños que xa presentaran ó concurso de pegatinas deste ano.

En breve, terédela nas vosas mans coas seguintes obras dos vosos compañeiros


"O trono e o lóstrego" de Alba Gándara Martínez

"Galeghome 2" de José Pazos Morhi


"Que ocultan as bágoas" de David Güimil Vázquez

"Non é o mesmo guapiña ca ghuapiña" de Álvaro Insua Vidal

" Diferenzas dialécticas" de Anxo Fernández Gómez

E unha obra sen título de María Victoria Castro Aragunde