
12 ao 14 de novembro de 2019
O alumnado de automoción de Ciclo Medio e FP básica está de excursión. Acompáñanos os profesores Álvaro Rodríguez Díaz e José Casalderrey. Aquí os vemos o primeiro día visitando as instalacións de Gestamp, situada no polígono das Gándaras en O Porriño que se dedica a produción de compoñentes metálicos de automoción.
Parece que o pasan ben! Nesta imaxe vémolos visitando a fábrica de Mercedes- Benz en Vitoria, unha multinacional de primeira liña.
Centro de formación de Iturrondo onde lles explicaron unha maqueta do Toyota Prius.
E despedíronse de Navarra en Lizarte SL, líder en recambios do automóbil.
Vinde amodo, mañá xa nos vemos!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario