
«
Pra ledicia de todos e pra enseño de moitos, sai oxe Nós.
É a ansia qu’oxe sinte Galizia de vivir de novo, de voltar ó seu
verdadeiro e inmorrente, a evidencia luminosa do mañán, o que nos fai
saír. Temos unha fe cega, asoluta, inquebrantable na vitalidade e no
xenio da nósa Raza, e mais na eficacia do nóso esforzo pra levala ó
acomprimento do seu fado grorioso. Oxe chegou á vida na nósa Terra, unha
xeración que se deprocatou do seu impeiroso deber social de crearen pra
sempre a cultura galega..». O 30 de outubro de 1920 saía do prelo en Ourense o primeiro número da revista Nós con este editorial escrito por Vicente Risco.
Agora, para conmemorar o seu centenario e destacar o seu legado en
canto que colocou «a lingua, as artes e a ciencia galega nun nivel
privilexiado de calidade», a Federación de Asociacións Culturais Galiza
Cultura impulsou a mostra «Nós» de onte a hoxe: 100 anos de historia, que ata o 25 de xaneiro se poderá ver no Museo do Pobo en Santiago e, posteriormente, visitará outras cidades e localidades galegas.
La Voz de Galicia 12/12/2019
Ningún comentario:
Publicar un comentario