Amosando publicacións coa etiqueta 2022 Biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2022 Biblioteca. Amosar todas as publicacións

Club de lectura do IES de Vilalonga.

 Esta semana comezamos cos Clubs de Lectura da Biblioteca do IES de Vilalonga.

Neste caso un grupo de alumnado de 2º de Bacharelato realizou unha sesión do Club de Lectura o martes 25 de outubro do 2022. Este foi realizado en formato de programa de Radio, facendo un pequeno podcast sobre a lectura de "O home invisible" de H. G. Wells. 

Aquí podemos ver unhas imaxes da gravación do programa.











Aquí vos deixamos o podcast para o que o poidades escoitar.  



PREMIOS NACIONAIS PARA A LITERATURA GALEGA

Ismael Ramos por Lixeiro e Marilar Aleixandre por As malas mulleres, veñen de ser recocoñecidos co "Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández" e "Premio Nacional de Narrativa", respectivamente. Poeta e narradora de dúas obras de diferentes xéneros da literatura galega actual que deixan constancia do traballo de grande calidade que estamos producindo dende Galicia.

            Parabéns para ambos e para a literatura en galego!

           

             



PLAN PROXECTA: LINGUA, PATRIMONIO E COÑECEMENTO TRADICIONAL

Aínda que este curso foi un pouco complicado, especialmente no seu inicio, conseguimos sacar adiante co alumnado de 1º ESO parte do programa do Plan Proxecta de Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional, un programa que se dá en colaboaración coa Consellería de Educación e a Universidade de Santiago- Instituto da Lingua Galega.


Este programa está integrado no proxecto GEOARPAD, enmarcado no programa operativo EP-INTERREG V A España-Portugal (POCTEP), un proxecto transfronteirizo que ten como finalidade fundamental o coñecemento e valorización do patrimonio cultural da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal e
co que traballamos de xeito interxeracional o vocabulario do mar e da vendima e puidemos comentar nas aulas algunhas diferenzas das variedades xeográficas referidas a estas terminoloxías e afondar no léxico tradicional, o galego e a culrura local e tradicional.

 Aquí van algúns dos audios das entrevistas do alumnado sobre o vocabulario da vendima: 

Vendima 01

Vendima 02

 

Vendima 03

 

 

E aquí algúns exemplos das entrevistas do mar:

Mar 01

 

Mar 02

 

Mar 03.