PLAN PROXECTA: LINGUA, PATRIMONIO E COÑECEMENTO TRADICIONAL

Aínda que este curso foi un pouco complicado, especialmente no seu inicio, conseguimos sacar adiante co alumnado de 1º ESO parte do programa do Plan Proxecta de Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional, un programa que se dá en colaboaración coa Consellería de Educación e a Universidade de Santiago- Instituto da Lingua Galega.


Este programa está integrado no proxecto GEOARPAD, enmarcado no programa operativo EP-INTERREG V A España-Portugal (POCTEP), un proxecto transfronteirizo que ten como finalidade fundamental o coñecemento e valorización do patrimonio cultural da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal e
co que traballamos de xeito interxeracional o vocabulario do mar e da vendima e puidemos comentar nas aulas algunhas diferenzas das variedades xeográficas referidas a estas terminoloxías e afondar no léxico tradicional, o galego e a culrura local e tradicional.

 Aquí van algúns dos audios das entrevistas do alumnado sobre o vocabulario da vendima: 

Vendima 01

Vendima 02

 

Vendima 03

 

 

E aquí algúns exemplos das entrevistas do mar:

Mar 01

 

Mar 02

 

Mar 03.

Ningún comentario:

Publicar un comentario