Amosando publicacións coa etiqueta Cultura galega. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cultura galega. Amosar todas as publicacións

PREMIOS NACIONAIS PARA A LITERATURA GALEGA

Ismael Ramos por Lixeiro e Marilar Aleixandre por As malas mulleres, veñen de ser recocoñecidos co "Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández" e "Premio Nacional de Narrativa", respectivamente. Poeta e narradora de dúas obras de diferentes xéneros da literatura galega actual que deixan constancia do traballo de grande calidade que estamos producindo dende Galicia.

            Parabéns para ambos e para a literatura en galego!

           

             



Saída a Santiago de Compostela.




                                                   
CASTELAO MAXISTRAL

O pasado 16 de novembro o alumnado de 4º curso de ESO e de 3º PMAR desprazouse a Compostela  para realizar unha visita guiada pola obra literaria e gráfica de Castelao e por determinados aspectos do ensino no primeiro terzo do século XX.
A exposición Castelao maxistral,organizada no Museo Centro Gaiás, ten como elemento central o impresionante óleo A derradeira leición do mestre, pintado por Castelao durante o seu exilio na Arxentina  para lembrar o seu amigo Alexandre Bóveda, fusilado o 17 de agosto de 1936.

 












É a primeira vez que o cadro, de dous metros de altura e propiedade do Centro Galicia de Buenos Aires, pode ser contemplado en Galicia.

Despois da visita, e con Compostela ó fondo, gozamos dun día solleiro paseando polos exteriores da  Cidade da Cultura.

CONFERENCIA 2º DE BACHARELATO


O xoves 15 de marzo tivemos a sorte de contar coa historiadora e profesora de Historia da Arte  do IES Asorey de Cambados, Maribel Iglesias Baldonedo. A charla titulábase: "Ramón Cabanillas e Francisco Asorey, vidas paralelas". Presentounos unha visión global da época en que estes autores viviron, facendo referencia ao Modernismo como movemento artístico-cultural dese momento (1º terzo do século XX). Despois centrouse na obra de ambos autores: poesía e escultura.

Os obxectivos eran:

- Destacar  dúas figuras importantes da cultura galega e da contorna.

- Relacionalas entre si e coa súa época.

- Tratar de reflectir a través da súa obra a mentalidade de principios de século en Galicia.

- Valorar o noso patrimonio literario e artístico.



Para aqueles membros da comunidade escolar que queiran achegarse á figura de Ramón Cabanillas, recomendamos, aproveitando a ocasión, o libro de Maribel Iglesias, xa que tivo a ben visitarnos.  A súa é unha obra especialmente interesante grazas ás imaxes coas que percorre a vida e a obra do noso poeta cambadés.