ENTROIDO NA BIBLIOTECA DO IES DE VILALONGA
A VIDA É PURO TEATRO!
O ALUMNADO DE 1º BAC E 3º ESO ACODEN A UNHA REPRESENTACIÓN TEATRAL
NOVA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE 1º BAC
O pasado martes, 10 de febreiro, tivemos a 3ª reunión do Club de lectura de novela curta e relato.
Desta volta, o alumnado de 1º BAC enfrontouse a relatos de mestres do xénero, como Borges, Poe, Roald Dahl ou Pardo Bazán.
Comezamos a reunión con algunhas actividades para coñecer mellor aos relatistas, cun xogo no que o alumnado tiña que decidir a quen lle correspondía cada un dos datos anecdóticos sobre as vidas dos/as autores/as. E non o fixeron mal.
Como os relato ían de asesinatos (algún bastante peculiar), recopiláronse titulares de prensa reais e misturáronse con outros inventados, para comprobar se a realidade superaba á ficción e se as nosas lectoras e lectores saberían diferenciar cales aconteceran e cales non.
Por último, e para aclarar conceptos sobre o tema, acudimos á terminoloxía xurídica para diferenciar asasinatos, homicidios, homicidios imprudentes... para poder falar con propiedade.
O alumnado parece que ten bastante claros estes conceptos.
Panel ao que se tivo que enfrentar o alumnado lector
Proceso de reflexión para completar o panel
Panel solucionado
E por último quedou falar do que desfrutamos e aprendemos con esta lectura de clásicos e non tan clásicos do relato.
Para a próxima xuntanza, o alumnado traballará na elaboración dunha versión en banda deseñada do relato que escolla, para o que se empregarán ferramentas dixitais que nos permitan esa elaboración.
Seguro que saen verdadeiras obras de arte!
CONCURSO DE CARTAS DE AMOR/AMIZADE
Este febreiro vén cargadiño de cousas para a Biblio, pois coincide na mesma semana o 14 de febreiro, o Antroido e o día da Radio.
Para fomentar un sentimento tan positivo como o amor e a amizade (que boa falta fai nos momentos que estamos a vivir), este ano a Biblioteca e o equipo de Normalización retoman o concurso de cartas de amor / amizade que xa se levara a cabo hai uns cursos.
Está aberto a todo o alumnado do IES e poderase participar ata o próximo venres 13 de febreiro. O concurso presenta 3 categorías e dúas modalidades, unha seria, de amor ou amizade, e outra paródica, adicada a aquela realidade/obxecto sen o que non poderiamos vivir (o bote de crema de cacao, por exemplo).
As cartas teñen que depositarse nunha urna que está na Biblioteca, que, como o tema do Antroido no centro é "contos", quixemos decorala recordando a un libro en particular (xa sabedes cal?).
Se queredes consultar as bases, están colgadas nas aulas, nos corredores e aquí mesmo.
Non deixedes de participar, que o premio é ben suculento!
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)



