CINE
Para xoves
(non deixen de velas os maiores)
Na desolada costa do Havre (Normandía) transcorre esta énorme película do director finés Aki Kaurismäki. En época de policías e ladróns Kaurismäki quéntanos a alma cunha historia solidaria entre os que menos teñen, como case sempre. Reconcílianos co xénero humano, cuspe o noxo. Polo de agora, tes que vela nos cines, igual que O artista, Non haberá paz para os malvados, A voz adormentada, O Topo, Escoitando ao xuíz Garzón, E agora a onde imos?...
"O HAVRE"
“El Havre” de Aki Kaurismäki. Irene Domínguez Díaz (Barcelona)

Pode emocionarte seguro este filme ben feitiño e intelixente do xove director Jonás Trueba, tratado todo el cunha exquisita delicadeza. Quen dixo que non era este o tempo de namorar, de rir e de chorar?
"TODAS AS CANCIÓNS FALAN DE MIN"

Un bo filme galego de Jorge Coira que hai que ver
"18 COMIDAS"
Fermosa e melancólica obra de Luchino Visconti baseada nun relato de F. Dostoyevski. Esperar, desesperar, perdoar pero non esquecer, esquecer pero non perdoar?
"AS NOITES BRANCAS"

De un clásico, Fred Zinnemann, este canto á amizade non sempre en tempos fáciles
"XULIA"
De outro clásico, para maiores, é a película do director danés C. Theodor Dreyer. Relato de perfecta sinxeleza
"DÚAS PERSOAS"

LIBROS
"Alí e Nino" (historia de amor)
"O verán sen homes" (historia de desamor moi necesaria)
"Hai alternativas" (ensaio contra a crise)