OBRADOIRO DE BD CON XOSÉ TOMÄS


O martes 17 de abril contamos coa presencia de Xosé Tomás, un dos debuxantes  máis sobresaíntes do panorama actual da ilustración e a BD galegas. Como colaborador na parte  gráfica ou autor do texto e os debuxos publicou moitos traballos, sobre todo no apartado da literatura infantil e xuvenil. Este obradoiro foi dirixido aos alumnos de 4º de ESO, tanto aos de Plástica como a outros interesados no mundo da BD, que puideron gozar da proximidade deste profesional. A charla comezou cunha breve introdución á historia e aos recursos narativos da BD. Unha charla que, dado o reducido número de participantes, foi interrumpida constantemente coas reflexións do alumnado ante as preguntass e as consideracións plantexadas por Xosé. Na segunda parte deste pequeno obradoiro o alumnado tivo a oportunidade de debuxar varias propostas. Unhas encamiñadas a practicar a lóxica narrativa dunha escena en viñetas, outras a experimentar cos globos, os deltas e os encadres e, finalmente, a describir gráficamente varios personaxes. O grao de participación activa neste tipo de talleres fai que sempre se quede curto o tempo empregado neles.


Ningún comentario:

Publicar un comentario