O pasado mes de novembro reuniuse por primeira vez o club de lectura de novela curta e relato de 1º de BAC, coordinado pola profesora Fátima Barreiro.
A obra que lemos foi A asasina, de Alexandros Papadiamendis, unha noveliña publicada en 1903 e considerada xa un clásico da literatura grega. Unha obra desgarradora ambientada na illa grega de Skiathos. Khadula, unha muller de sesenta anos coñecedora dos poderes curativos das prantas, acaba convertida nunha asasina de nenas guiada pola pulsión de liberar ás propias cativas e ás súas familias da traxedia que supón criar fillas nun mundo de miseria e dor.
Os asistentes puidemos reflexionar sobre o papel da muller na Grecia da época e extendimos esta reflexión ao mundo actual, analizando os países nos que en pleno século XXI o papel da muller non difire demasiado, por desgraza, do que debuxou o autor a primeiros do século XX.
A partir da obra, o alumnado creou un podcast informativo, cunha recreación en forma da noticia da historia do libro e unha entrevista á protagonista, gravando todo na aula de radio, gracias á colaboración da Biblioteca a través de Radio na Biblio.
Quedamos á volta do Nadal para seguir a compartir lecturas en formato breve!




.jpeg)
.jpeg)






.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpg)
.jpg)



.jpg)











