25N

    No día de onte, a Biblioteca quixo sumarse á conmemoración dun día tan importante como o 25N, para o que elaboramos unha selección de libros axeitados para a data (que vos deixamos tamén aquí no cartaz que elaboramos), colaboramos coa decoración do centro e o deseño de actividades para este día, ademais de escoller o noso lema:

"A historia de moitas mulleres debería ter un final diferente. É hora de cambiar o conto! 

Contamos contigo."

 Partindo dese lema, o alumnado elaborou tarxetas que colgou de globos de cor morada cos que se encheu o corredor inferior do centro. Rematamos a xornada cun manifesto redactado por dúas alumnas de 2º BAC, Alba e Sara, que leron tres alumnas de 2º ESO. Tras a lectura, outro alumno de 3º ESO interpretou ao saxofón unha canción. En breve poderedes desfrutar tamén do manifesto acompañado da música neste mesmo blog. 

    A continuación tedes un breve exemplo gráfico do día.



Cartaz coas recomendacións lectoras para a data

 
Recomendacións lectoras expostas 
 
  
 
 
Alumnado decorando o centro para o día
 
 
 
 
 
Fotos da lectura do manifesto
 
 

 


 

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario