Amosando publicacións coa etiqueta Ricardo Carballo Calero. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ricardo Carballo Calero. Amosar todas as publicacións

21 de marzo, DÍA DA POESÍA.



MARÍA SILENCIO

Cabeleira de chuvia, ollos de néboa.
María Silencio, esfarrapada, á espreita.

Sempre agardando, pola noite, as barcas.
A túa anguria fala con olladas.

María Nocturna: no peirán ¿que esperas?
¿polo día non vives?
¿Naces cada solpor? ¿Cais de primeira estrela?

María Silencio, sempre dura e muda...
¿Cal é a barca que agardas?

Das fontes dos teus ollos
flúen ríos de sono.
Pero ti sempre dura e desvelada,
batida polo vento, no peirán...

María Silencio, eu roubaría
no ceu
a estrela de mel,
na agua
a estrela de prata,
pra che mercar a fala.

Se queres ulir flores,
dareiche a flor da lúa.

María do Mar, ¿que barca agardas?

¿Queres o sol, carne de lúa fría?

O sol é un porco-espiño disfrazado.
No mar agora, ourizo de mar, dorme.

Pescado pola cana do abrente,
dareicho eu, raiolante e mollado.

¡María Silencio, Voz Dormida: fala!

¿A que afogado esperas,
María da Sombriza Espranza?

María Silencio, ¿agardas a túa voz?
¿As ondas do mar levado roubároncha?

De chuvia e vento vestida,
María Silencio, calada...

Carvalho Calero, Ricardo (1980) Pretérito Imperfeito (1927-1961)