Amosando publicacións coa etiqueta lendas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lendas. Amosar todas as publicacións

VIAXE A BRAGA II

     Xa na cidade de Braga fomos recibidos pola profesora Maria da Luz e con ela compartimos unha mañá na Escola Secundária Carlos Amarante. O grupo do alumnado portugués foi encantador, acolléronnos con alegría e moita curiosidade. Con eles falamos de música, de cultura, de como é a vida escolar nun país e noutro...

Visitamos as instalacións da escola, que acolle a 1800 alumnos, agasalláronnos cun percorrido personalizado pola mostra que tiñan sobre o 25 de abril, regaláronnos cancións desa época, un cravo (caravel)... Unha marabilla de visita, cun trato excepcional por parte de todo o persoal do centro, xa fosen PAS ou docentes. Sentímonos como na casa e os alumnos puideron vencer a timidez inicial e interactuar con persoas no idioma que están a aprender. Para rematar, agasalláronnos cun libro sobre a historia do centro e unha imaxe dun mural que decora unha das paredes exteriores (obra da artista galega Lidia Cao).

A maiores, tivemos a fortuna de coincidir con tres docentes turcas que se mostraron moi interesadas en Galicia e no noso centro.

Complementamos a estadía cunha visita a diferentes monumentos da cidade para coñecer as súas diferentes etapas (romana, medieval, barroca...), ademais de librarías e pastelarías. 

En definitiva, unha viaxe na que coidamos do corpo e do espírito!!















MEMORIA FOTOGRÁFICA DO PROXECTO DAS LENDAS

 Acaba o curos e con el o proxecto "Lendas de aquí e de acolá", que este ano realizamos coa Escola Secundária Carlos Amarante de Braga.

Aquí queda constancia do traballo feito polo alumnado do noso centro.









A LINGUA GALEGA DO IES DE VILALONGA EN LONDRES

Este é o cartel do programa do Instituto Vicente Cañada Blanch de Londres para a celebración da semana das Letras Galegas e no que atopamos a participación do alumnado do IES de Vilalonga co proxecto intercentros Lendas de aquí e acolá / Legends from here and there.

O Instituto Vicente Cañada Blanch é unha institución educativa internacional española situada no barrio de Kensington, Londres, que segue o plan de estudos español para estudantes de 5 a 19 anos e onde a materia de Lingua Galega está presente dende hai xa máis de dez anos.
Parabéns ao noso alumnado e profesorado por deixar que a lingua galega siga abrindo pontes na fala dos máis novos!



"O galego de lenda"



Nesta videocreación das alumnas de 2º de bacharelato: Raquel Amil, Ana Cores, Ana Eirabella, Alba García, Cecilia Lores e Noelia Otero quedan reflectidas algunhas das lendas máis salientables da comarca. 

 Bo traballo rapazas!