Certame de San Valentín de Radiofusión

Chéganos a carta gañadora do certame de San Valentín de Radiofusión. Reproducímola a continuación. Parabéns a Jorge Melero de la Calle, autor da carta e gañador do premio.

Fotografía de NeoGabox.

Non sabes como devezo por verte. Agora mesmo pérdome nos bordes mesmos do teu pensamento, rozándote apenas, ficando engaiolado no brillo vívido dos teus ollos, no movemento das túas mans, os teus brazos, o teu breve corpo, na túa silueta perfecta, os teus louros cabelos…

Onte tivente outra vez entre os meus brazos, como traído pola marea, entre soños.

Sentín que eras meu, sentín que podía derretirte como manteiga entre as miñas mans, que amasaba e moldeaba o teu corpo unha e outra vez á miña libre elección, licuándote entre os meus dedos, derretíndose o tempo igualmente, deixando fluír os segundos… Notarte dentro...
Vin como a túa cara se contraía espasmodicamente nunha expresión moi cercana á dor, deleitándome co teu xesto, porque pracer e dor son semellantes, ambos sentimento puro, ausencia de razón, retorno á esencia da infancia, ao non pensar e deixarse levar. Ver como che fago volver…
Oín como xemías!, como un neno ferido, fráxil, inocente, acompasando a túa respiración coa miña, fundidos ambos nun mesmo murmullo cómplice; mesturados xa o teu alento e o meu, a música que procede desa radio ao outro lado do auto, o respirar da noite e os seus ruídos imprecisos, as túas palabras susurradas, entre sollozos e risos, e as miñas. Confundidos en medio do soño…
Olín de novo a túa esencia enteira, ulisqueando até o máis recóndito recuncho do teu corpo, aspirando con forza o teu cheiro, inhalando a túa fragancia, unha mestura imprecisa do teu perfume, o teu tabaco e o teu corpo, ata que se me meteu dentro e xa non souben distinguilo do olor da herba mollada e o orballo da outra beira do cristal. Husmeando as túas pegadas no meu corpo…
Puiden degustarte outra vez ao meu antollo, subir e baixar e escalar por todo o teu corpo como por una enredadeira, saboreando ata o máis mínimo trozo de carne, mordisqueando como un neno sen noción do normal e o correcto, succionar unha orella, chupar un pezón, tirar dun beizo, atrapar con forza ese trozo de pescozo…
Diría que es tan só unha doce sensación, se non fose porque estás máis adentro, moi adentro, no fondo do meu corazón.

Non sabes como devezo por verte. Agora mesmo pérdome nos bordes mesmos do teu pensamento, rozándote apenas, ficando engaiolado no brillo vívido dos teus ollos, no movemento das túas mans, os teus brazos, o teu breve corpo, na túa silueta perfecta, os teus louros cabelos…

Cartel do Día da Paz desde Monforte de Lemos

Este é o cartel que en Bibliocabe elaboraron para o Día da paz.

Cartel do Día da Paz desde Lugo

Vía Trafegando Ronseis que fixo unha magnífica recompilación dos materiais gráficos publicados para o Día da Paz chegamos ao fermoso cartel que deseñaron no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo.



Próximo obradoiro con Raúl Vacas

Es pequeño y peludo y se diría casi todo él de algodón. Ha viajado por toda la geografía del beso y estuvo once meses sin llorar...


Obradoiro organizado pola Biblioteca e o ENDL

Martes, día 9 de febreiro estará na biblioteca, en dous OBRADOIROS DE POESíA , Raúl Vacas, xornalista, educador social e escritor.

1º) ESCRITO ESTÁ EN MI ALMA
(para 1º Bacharelato-A)
Escrito está en mi alma vuestro gesto,
y cuanto yo escribir de vos deseo

(Garcilaso de la Vega )


2º) POESÍA DE CARTÓN
(para 4º de ESO)
"La poesía y la vida son de cartón. La poesía puede pasar desapercibida, como el mendigo que se cubre con cartones para huir del frío." Raúl Vacas.

¿Por qué un taller de escritura?
“Las palabras cuando son leídas o escritas tejen una relación íntima y necesaria en nuestra vida. ” Raúl Vacas

Día da Paz desde Pontevedra

Desde Mesturas, o blog da Biblioteca do IES Sánchez Cantón de Pontevedra, chéganos esta fermosa e divertida presentación que realizaron con debuxos, citas e caricaturas.

Un decreto sen creto

Anxo Gómez Sánchez, profesor en Carral, realizou esta presentación baseándose na prensa sobre os antecedentes da situación actual sobre o decreto.
Paga moito a pena a súa visualización.

Lectura no Nadal 2009

Deixámosvos aquí a Guía de Lecturas Recomendadas para este Nadal 2009 realizada por Elisa, esperamos que sexan do voso gusto e non esquezades incluír un libro na vosa lista de desexos para este nada.

Para poder lela en tamaño máis grande tes 2 opcións:

1) Clicas 2 veces en Scribd e se che abre o documento nunha nova pantalla onde tes un zoom cos signos + e - para elixir o tamaño.

2) Poste enriba do texto e clicas botón dereito do rato e logo zoom-in ata tantas veces como queiras ata que esteas no tamaño desexado.

GUÍANADAL2009

Ola

No IES de Vilalonga no concello de Sanxenxo decidimos abrir este novo espazo virtual.

Nace este blog como canle de expresión do equipo da biblioteca e do equipo de normalización e dinamización lingüística e de calquera persoa do resto da comunidade escolar que queira colaborar.
Para inciar a nosa andaina ofrecémosvos unha presentación da nosa biblioteca.