"DE AQUÍ NON PASAS"







Campaña da ONG Save the Children sobre os perigos das redes sociais para os adolescentes.


No enlace http://www.deaquinopasas.org/ achegámosvos unha serie de información moi interesante para xestionar a vosa privacidade nas redes sociais.

Para os vosos pais tamén é moi recomendable estoutro enlace:http://www.menoresenred.com/

Os medios en galego importan

 
Un país é o que fala. Galicia é o Galego. Ninguén pode matar unha lingua. Pero é moi fácil deixala morrer de inanición e abandono. Todos somos responsables de que a nosa lingua reciba a xustiza que merece e as oportunidades que se lle negaron na historia. Que haxa medios en galego importa. Resulta imprescindible para que a nosa lingua viva e medre con futuro. Apoiar ós medios en galego é axudarnos a nós mesmos e o que somos. Resulta cínico e irreal esperar que anos de intervención do mercado a favor do castelán vaian corrixirse sós. Alguén ten que facelo e ten que facelo agora.

Ningunha administración pública deste país pode declararse allea ou ausente cando pechan un tras doutro os xa poucos medios que apostaban pola nosa lingua. Ningunha administración pública pode dicir, sen faltar á verdade, que fixo todo o que podía facer, ou que non hai recursos porque estamos en crise. Demandamos do goberno que poña a vontade política e os recursos que non dubida en poñer para axudar a outros sectores ou medios que non o precisan tanto. Demandamos das administracións públicas que tomen a decisión de axudar aos medios en galego porque é xusto, porque o merecen e porque se lles debe.

Ningún lector ou espectador deste país pode tampouco declararse alleo ou ausente cando pechan un tras outro os medios que se fan na nosa lingua. Os únicos que realmente poden garantir o futuro de calquera medio son os lectores, as audiencias e os anunciantes. Algo falla nun país onde tanta xente se declara amante da súa lingua ou tantas empresas utilizan a galeguidade para posicionarse nos mercados, pero logo non hai nin lectores nin anunciantes para os medios que se fan en galego. A desaparición dos medios no noso idioma non é un problema nin unha responsabilidade da administración, é un problema e unha responsabilidade de todos. 
 
Para asinar este manifesto da iniciativa Os medios en galego importan, aquí.

Aulas en galego coa forza da lei.

presentacion

MARÍA Y YO






Esta película documental baseada no exitoso cómic de Miguel Gallardo, que nos deixa unha ollada lúcida sobre o problema do autismo, é outra das estreas que non debemos perdernos este verán.


O DIARIO VERMELLO DE CARLOTA

Vén de estrearse a adaptación cinematográfica do libro de Gemma Lienas O diario vermello de Carlota. Este libro é ademais dunha ficción para adolescentes, unha especie de manual de autoaxuda sobre os temas de sexualidade que máis lles interesan a estas idades. Unha lectura recomendable pola síntese que fai deste tipo de información máis que polo seu valor literario.

Uns pais agradecidos felicitáronme nunha ocasión por telo posto como lectura obrigatoria, daquela tamén parece servir na difícil tarefa de educar nestes temas ós nosos fillos e fillas. Neste aspecto compleméntase moi ben c´O diario vermello de Flanagan, que é a versión desta mesma relación Carlota versus Flanagan desde o punto de vista masculino.

A revolución educativa en REDES



No programa de Redes emitido o 20/6/10 analízanse os cambios ós que se enfronta o profesorado á hora de conseguir preparar o noso alumnado para a sociedade actual. O psicólogo Robert Roeser axúdanos a atopar estas novas claves nas que se move o papel de profesores e mestres.

O incrible neno come libros

Este libro de Oliver Jeffers cóntanos a historia dun neno ó que lle gustaban tanto os libros que os comía, ata que atopou maior goce na súa lectura.

Baila coa lectura



Aquí temos outro bo exemplo lipdub. Neste caso esta coreografía de danza colectiva ten como obxectivo o de promocionar a lectura de verán por parte do claustro da Sprague Elementary School (USA).

Vía Brétemas, graciñas.

LIBROS MÓBILES




No Museo Nacional de Historia Americana, en Washington DC, está desenvolvéndose durante este días e ata finais de agosto unha exposición de libros móbiles ou pop-up: Fold, Pull, Pop & Turn, organizada pola Biblioteca do Instituto Smithsoniano.

Para os que non podemos ver a mostra en vivo e en directo déixovos un vídeo que explica o proceso de creación deste tipo de libros.