A campaña para prohibir as armas nucleares, premio Nobel da Paz 2017

 


O premio recaeu no  ICAN (Campaña Internacional para abolir as armas nucleares) que se esforzou por estigmatizar, prohibir e eliminar as armas nucleares.
Esta coalición de asociacións que se estende por uns cen países foi unha forza motriz e un actor líder da sociedade civil do movemento contra as armas nucleares e sumou esforzos para estigmatizar, prohibir e eliminar este tipo de armamento, apunta a argumentación do premio.
O Comité subliñou, como importante argumento para a prohibición das armas, o inaceptable sufrimento humano que provocan e destacou que outros tipos de armamento menos destrutivo como as minas antipersonas, bombas de acio e as armas químicas e biolóxicas xa foron prohibidas por distintos tratados.
 

O galardón chega no medio de tensións entre Estados Unidos e Corea do Norte polas súas probas nucleares e as críticas de Trump ao acordo con Irán

Novidades literarias de outono.




O outono preséntase cargado de novidades literarias e moitos lectores esperan a gran novela. Cal será o título que desbanque a Patria do primeiro posto dos libros máis vendidos? Faranse Paul Auster ou Salman Rushdie co título de "a gran novela da era Trump" grazas aos seus novos traballos? Tamén publican nova novela autores como Almudena Grandes, Javier Marías, Arturo Pérez-Reverte ou Carlos Zanón no terreo da literatura en español e superventas como Ken Follet, Dan Brown ou John Grisham.

VAI ESCOLLENDO, PRONTO NA BIBLIOTECA DO CENTRO!!!!