VISITA A SUIZA E ITALIA.




Un grupo de alumnado de Ciclos de Automoción e Administrativo tivo a ocasión de realizar durante a pasada semana varias visitas de grande interese formativo en Suíza (foron recibidos no concello de Xenebra polo seu alcalde e, posteriormente, realizaron visitas aos principais puntos de interese turístico da cidade, así como ás instalacións do CERN) e Italia (percorrendo Bolonia, Florencia e Milán e visitando empresas como Pagani, Ferrari ou SAME-DEUTZ-FHAR). Sen dúbida, unha grande experiencia para todos eles!

CHARLA "ORGULLO GALEGO"

O alumnado de 3º ESO recibiu unha interesante charla dun dos creadores de "Orgullo Galego", a comunidade en galego máis grande de Internet, que ten como obxectivo divulgar a nosa lingua, cultura e tradicións. Deste xeito, a rapazada puido descubrir cal é a situación do galego nas redes sociais.




Teatro en inglés


O alumnado de 2º de Bacharelato e Ciclo Medio de Xestión Administrativa realizou una
viaxe a Santiago de Compostela o martes 16 de xaneiro dende as 8:30 da mañá ata as
19:30 da tarde, organizada polo Departamento de Inglés. 83 alumnos e alumnas e 5
profesoras asistiron a una obra de teatro en inglés. I Spy, una comedia hilarante e
interactiva sobre o axente James Bond, onde algunas persoas do público puideron subir
á escenario. Despois, visitamos o Museo do Pobo Galego, onde puideron coñecer o
modo de vida e manifestacións culturais máis destacadas dos nosos devanceiros,
fundamentalmente no mundo rural e mariñeiro. Pola tarde, despois de xantar, gozaron
dun merecido tempo libre.



Club de lectura na biblioteca

 

Reunión do Club de Lectura de 1º de bacharelato, coordinado pola profesora de Lengua e Literatura española Raquel Rivas Cabanelas. A lectura escollida é un libro de banda deseñada titulado "Hierba" da escritora coreana Keum Suk Gendry-Kim: Unha aclamada novela gráfica de non ficción sobre as ´mulleres de consolo´ asiáticas na Segunda Guerra Mundial. Herba é a historia real dunha sobrevivente: Le Ok-Sun, unha moza coreana que durante a Guerra do Pacífico foi explotada como ´muller de consolo´, o eufemismo utilizado polo exército imperial xaponés para referirse ás súas escravas sexuais.



Ánimo coa lectura rapaces/as.

Teatro educativo


 O programa educativo Xénero Educa do Plan Proxecta ten como finalidade Prevenir a violencia machista dende as emocións e educar en igualdade. A profesora da materia de Igualdade: Enza Sansonne, coordinou a actuación da actriz Estívaliz Veiga en "Mozas na rede":     

Mozas nas redes é un espectáculo teatral didáctico enfocado cara os mozos e
mozas para reflexionar sobre as novas formas de violencia sexual que acontecen
no entorno das Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación.


Mozas nas redes afonda na realidade que agochan detrás o uso das novas
tecnoloxías para capacitar á rapazada de ferramentas de detección dos posibles.

           O fenómeno do Grooming van de ser estudiado como un dos principais camiños
de abuso vía redes sociais e aplicacións de comunicación.

A actuación tivo lugar no salón de actos do instituto o 30 de xaneiro e acudiron como espectadores o alumnado de 2º da ESO.

moz

M

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

O 11 de febreiro o equipo da biblioteca do IES de Vilalonga quixo celebrar e visibilizar esta data, a prol dun maior desenvolvemento das actividades femininas no mundo científico. Aproveitamos os carteis e imaxes xerados polas Bibliotecas escolares de Galicia (Xunta de Galicia). Nos últimos anos avanzouse moito pero queda camiño por percorrer.

DEGUSTACIÓN DE DOCES DO ENTROIDO

 


O pasado mércores 7 de febreiro, o alumnado de FP Básica de Cociña e Restauración preparou unha montaxe de sobremesas típicas do entroido, como filloas, orellas, bolos preñados ou roscas. Tanto na elaboración, como na montaxe e no servizo os estudantes amosaron unha grande profesionalidade. Parabéns ao alumnado e profesorado do IES de Vilalonga!

Exposición de micromachismos

 

No mes de xaneiro o equipo de igualdade organizou unha exposición na se mostraban micromachismos da vida diaria e dos que a veces non somos conscientes. A coordinadora foi  a profesora de igualdade Enza Sansone.



Día Internacional da Paz


No IES de Vilalonga quixemos celebrar e visivilizar o 30 de xaneiro, Día Internacional da Paz, con un cartel e unha selección de poemas. Pensamos que é preciso traballar en favor da convivencia e a non violencia no noso entorno e no mundo en xeral. Transmitirlle ao alumnado os valores da concordia e a paz é imprescindible. A escolma de poesía fíxose en colaboración coa profesora de galego Ana Belén Vázquez Pardal.


Entroido do 2024
















 O venres día 9 celebrouse no IES de Vilalonga un festival de entroido, do que houbo interesantes momentos.